Mocidade Independentista | nota de prensa
Recollida de alimentos da mocidade independentista na Coruña
A MPI declara que son cientes da época na que nos atopamos e do que lle está a tocar sofrer ao conxunto da nosa clase, vemos como crise tras crise desprotéxese ás mesmas, con servizos que deberían ser garantidos polo propio estado como unha vivenda e unha alimentación digna, e goberno tras goberno, vemos como nos encontramos co mesmo resultado, máis familias en risco de exclusión social mentres as ricas son cada vez máis ricas a costa do nosa explotación e pobreza.
A MPI contou ca colaboración de traballadoras sociais, activistas do GAM e outras persoas que a nivel individual quixeron colaborar ca
organización independentista. Esta acción ten como obxectivo sensibilizar ao conxunto da poboación da dificil situacion que estamos a vivir numerosas familias, ademáis de tratar de implicar politicamente , creando redes de solidariedade de clase ás persoas que foron ao reparto.
É o momento de seguir demostrando que desde a unidade e a organización podemos facer fronte os abusos e ás desigualdades desde unha óptica distinta, denunciando a raíz do problema, un sistema económico que nos condena a precariedade e a exclusión social.
Só o pobo salva o pobo.
Independentismo en movemento!