Eleccións municipais | Marea Atlántica
Xulio Ferreiro: “Hoxe somos a cidade de Galiza con maior investimento social por habitante”
Xulio Xosé Ferreiro Baamonde, actual alcade da Coruña, é profesor de dereito procesal da UDC e pai de dous fillos. Naceu no ano 1974 e criouse no barrio dos Mallos.
Ferreiro gañou as eleccións de 2015 casi inesperadamente, sin ter apenas experiencia institucional. Tras catro anos ao fronte do Concello, fai un balance positivo do mandato e repite candidatura, como cabeza de lista da Marea Atlántica. Asegura que cumpriron o 75% do programa, outro 20% está en marcha, e un 5 por cento non foron quen de facelo. Pensa que para que haxa continuidade no proxecto é fundamental seguir outros catro anos.
- ¿Cre que co cambio do Governo poden paralizarse algúns proxectos que xa están en marcha?
- O que está feito esta feito. O que está por facer sempre e susceptible de ser revertido. Nunca podemos pensar que os dereitos da ciudadanía están conquistados dun xeito irreversible, hai que pelexalos dia a dia.
Eu non sei qué actitude vai ter outro governo municipal na cuestión portuaria, por exemplo. Sí vimos actitudes de governos anteriores bendicindo a operación especulativa para o Porto. Ben sei o que fixo o anterior governo coa política social: reducir progresivamente os fondos. E o que fixeron outros co transporte público: subir sostidamente o prezo do billete, e non controlar os beneficios excesivos da Compañía concesionaria. Diñeiro, que mantendo o razoable, se pode revertir no servizo público, que foi o que fixemos nós. Non o fixo ninguén antes.
Como o que pasou co cumprimento da ley da memoria histórica, que ata 2015 había rúas que homenaxeaban aos golpistas, e agora xa non has hai. Eu non sei si hai un governo municipal que se lle poida ocurrir volver a poñer corridas de touros no Coliseum, eliminar a Renta Social Municipal, o propoñer unha subida das tarifas das escolas infantís, ao contrario do que fiximos neste mandato. Desde logo, con nós, eso non se vai dar.
- ¿Qué mensaxe lle daria aos desencantados?
- Bueno, que os entendo perfectamente. Pero que, tamén creo, que temos que ser realistas. Efectivamente, as ilusións que todos depositamos no cambio, no 2015, eran altísmas. Era imposible estar á altura das expectativas xerais. Eu, por iso, durante aquela campaña decía que só prometia tres cousas: ter as prioridades claras, traballar duro, e ser honestos e honestas. Creo que esas tres cousas as cumprimos. Traballamos durísimo, se nos ve incluso físicamente a moitos e moitas de nós. A honestidade, se intentó confundir a opinión pública, creando polémicas falsas que, afortunadamente, a xustiza xa dixo que non tiñan ningún fundamento, e que non cabe confundir cuestións administrativas coa corrupción. Creo que eso tamén o cumprimos e tivemos as prioridades claras.
Políticas sociáis e culturáis
A política social foi unha das nosas prioridades. Hoxe, somos a cidade de Galicia con maior investimento social por habitante, prácticamente o dobre que a seguinte.
Hai un esforzo: creamos a Renta social municipal, cumprimos a ley da Memoria histórica, comenzamos o cambio de mobilidade, paramos as verteduras a Ría do Burgo, pusimos a Coruña como líder da actividade cultural do noso país. Abrimos canles de participación democrática, que non existían na cidade, dando voz aos veciños e veciñas. Creo que en catro anos fixéronse moitísimas cousas, que tamén e doado fixarse no debe, claro que sí. Pero creo que si ponemos nunha balanza o haber e o debe, é para sentirse orgullosos do que fixemos.
Si facemos balance do que foron os catro anos, do contexto dificilísimo que é gobernar en minoría, con moi pouca lealdade, por parte dos grupos municipáis, o dalgún en concreto, durante este mandato, o que fixemos é importante, e é para relativizar as posibles eivas. Creo que merecemos unha renovación da confianza que a xente depositou hai catro anos.
- Nas anteriores eleccións presentábase Marea Atlántica cun perfil novo, non era un partido tradicional, que se presentaba como outro partido máis. ¿A estas alturas, cales serían as diferenzas?
- Seguimos sendo un movimiento ciudadá. Eu sigo vendo a Marea Atlántica como un grupo de persoas que colabora, no que pode, en lanzar un proxecto político adiante. Faio con diversos niveis de compromiso: uns intitucionáis, outros dedicando parte das suas horas, outros vindo algunha vez as asambleas o participando nas votaciós. Iso sigue estando ahí. E o feito de que conseguísemos manter a confluencia da Coruña sígueme parecendo moi importante. A Marea Atlántica segue sendo un proxecto político onde diversas tendencias ideolóxicas e políticas vense representadas, e queren participar. Creo que eso tamén é una diferencia.
- ¿Qué destacaría da lista de candidatos para estas eleccións municipáis?
- Creo que é unha lista plural. Puidemos conxugar a continuidade nas políticas, e no aprendixaxe feito, coa novedade e a experiencia. Os diversos sectores e tendencias que poden surxir se ven representadas. Conseguimos tamén atraer a profesionáis de prestixio, a xente que a lo mellor hai catro anos non estaba próxima a Marea, pero que hoxe confía neste proxecto. Desde Susana Soneira que é Presidenta do Colexio de Gradudados sociáis da Coruña e Ourense, ata Ricardo Cao que é profesor universitario, foi Vicerector de Investigación, e é una persoa moi respetada no mundo da universidade. Logo hai xente nova como Antía, que ven dunha experiencia vital diferente, rapaza nova e precaria, etc.
Hai moitos perfis, que representan tamén a pluralidade da Coruña, que é una cidade moi diversa. Xente que traballa, como Leticia, na atención a diversidade, o na educación. Persoas que veñen do movimiento obreiro o sindical, como poden ser Demetrio ou Manolo. Unimos moitas cosas, porque todas elas son A Coruña.
- Para a seguinte lexislatura, xa con experiencia institucional ¿cal é o proxecto, as medidas principáis? ¿Con qué Coruña encontraríamonos se segue gobernando a Marea Atlántica?
- O programa que tíñamos no 2015 era un programa de emerxencia para poñer en marcha nos primeiros 100 dias, e outro de 99 medidas, que tiñan por obxeto revertir algunha das deficiencias históricas na cidade, así como medidas urxentes para as persoas que a crisis máis estaba castigando.
Non só pusimos esto marcha sino que fixemos moito máis, que ten que ver con un cambio de modelo na cidade.
Esa Coruña próxima da que falamos ten que ver con un modelo de cidade metropolitano, pero tamén que traballa no barrio, na cercanía. Exemplos poden ser a descentralización dos servicios sociáis, os ornamentos participativos, que están diseminados por todos os distritos: un intento de que o gasto se reparta equitativamente entre todos os barrios da cidade e atención as persoas. No centro de esas políticas está o dereito a cidade.
Una vez que o modelo de cidade está enfocado, que sabemos no rumbo que vamos, agora o que se trata é de que xa o motor vaia mais rápido.
Moitas das cousas nas que se foron traballando visibilizaránse no seguinte mandato. Desde grandes intervenciós urbanas, como pode ser a Praza de Montealto o tamén seguir afondando nas políticas sociáis, na educación de 0 a 3, para o que propoñemos a sua gratuidade.
Escolas gratuitas de 0-3 anos
É factible. É unha medida programática que se pode cumprir, e que está prácticamente aoredor de medio millón de euros, ao mesmo tempo que aumentamos a rede de escolas infantís da cidade.
Porto da Coruña
A batalla polo porto vai aser fundamental nestos próximos catro anos. Hai que evitar a especulación e ofrecer os equipamentos, e os proxectos concretos, para todos eses terreos. E poder ir traballando en colaboración coas administracións.
Mobilidade
Temos que seguir fomentando o transporte público, e a mobilidade branda, peonil, ciclado, etc. E ir, pouco a pouco, retirando os coches da cidade. Penso que é una exixencia. Tamén ir profundizando na estructura e facer una cidade metropolitana cohesionada.
Intermodal
No seu momento era un proxecto que se deseñou cun desenvolvemento urbanístico brutal para toda a zona que se desafectaba dos servicios ferroviarios. Motísima presión mais para tentar financiar unha obra dunhas dimensións colosáis, con base as plusvalías xeradas por uns terreos. Rompemos con ese planteamiento o primeiro dia que foimos a falar con Fomento. Dixemos que estábamos dispostos a que a estación de tren, do AVE, fose unha cousa mais razoabel, a cambio de que non se promovese esa edificabilidade nunha zona xa complicada, como é a zona da Sardiñeira.
É un proxecto complexo, porque está a parte do tren por un lado, a estación de autobuses, que promove a Xunta de Galiza, por outro, e a nós, como Concello, nos permite reordenar os espazos abyacentes. Creo que a calidade urbana do barrio vai a mellorar moito, Avda da Sardiñeira vai pasar a ser un bulevar e unha zona máis humanizada.
Débeda municipal
Nos atopamos con unha débeda que non era apabullante, pero estaba nunha tendencia elevada. No mandato anterior a débeda foise incrementando. Nós, desde o primeiro dia conseguimos baixala, prácticamente ata un 40% nestes catro anos, sostida no tempo. Creo que por unha xestión prudente do económico e razoable. O problema mais acuciante das administraciós locais e do Concello da Coruña particularmente non é o seu nivel de débeda, sinon ter as ferramentas para invertir diñeiro en servizos públicos e infraestructuras.
Fondos Europeos
Na segunda convocatoria dos fondos Dusy conseguimos o máximo que se podía conseguir: 15 millóns de euros. Dos fondos europeos, en xeral, hai que sumar cinco millóns do Fondo Social Europeo para o proxecto Coruña Suma, que está en marcha. Outros cinco para Red.es de edificios intelixentes, que acaban de darnos o mes pasado, e que vai a executarse nos próximos catro anos. Dous millóns e medio para o proxecto de Open-data que compartimos con Zaragoza, Madrid e Santiago de Compostela. E, ademáis, casi 500mil euros nun proxecto Conectting nature, para solucións basadas na naturaleza, que estamos desenvolvendo coa Universidade da Coruña. E outros tantos nun proxecto con Portugal, para o desenvolvemento das instrias culturáis na nosa cidade. Estamos a falar que este Concello durante estes catro anos veu captar da orde de 25 millóns de euros en fondos europeos.