Atentado en Barcelona
Todos os grupos municipais convocan un minuto de silencio ás 12h diante do pazo municipal
A Corporación Municipal convoca un minuto de silencio ás 12.00 horas diante do pazo municipal. Quedan cancelados todos os actos festivos previstos para hoxe.
O Concello da Coruña quere amosar a súa condena ao atentado perpetrado este xoves en Barcelona e trasladar a súa solidariedade coas vítimas do ataque e a súas familias, así como ao conxunto da cidadanía de Barcelona e a todas aquelas persoas que sofren este tipo de actos de terror nas distintas partes do mundo.
Onte pola tarde, o alcalde, Xulio Ferreiro, púxose en contacto cos voceiros e as voceiras de todos os grupos municipais da Corporación e acordaron convocar para hoxe, venres, ás 12.00 horas, un minuto de silencio ás portas do pazo municipal de María Pita para facer chegar o apoio da Coruña aos e ás afectadas. A convocatoria faise extensible aos traballadores e ás traballadoras municipais e ao conxunto da veciñanza.
Do mesmo xeito, o Concello cancela todos os actos festivos previstos para a xornada de hoxe.