FIOT 31 Carballo
O 31º Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo comeza este venres 30 de setembro
O mercado municipal acollerá a celebración da Gala Homenaxe a Pedro Brandariz, cuxa recadación se destinará a un proxecto moi querido polo cómico: Pallasos en Rebeldía
- Alberte Montes, Marta Doviro, Blues do País, Marta Iglesias, Tito Rober e Vicente Mohedano, protagonistas da primeira fin de semana da Rúa dos Contos, que este ano regresa aos locais de hostalería de Carballo
- O FIOT31 ofrece esta fin de semana catro funcións dirixidas á rapazada, entre as que se atopan as estreas absolutas de ‘Os contos de William Shakespeare’ e ‘Wombo Combo’, ademais do espectáculo de malabares ‘Poi’ e da Gala NOGA de narración oral para público familiar
Carballo, 29 de setembro de 2022.- O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) inicia mañá a súa 31ª edición, que se estenderá até o 31 de outubro. A primeira fin de semana de programación estará marcada polo protagonismo absoluto da narración oral galega co inicio da XXIII edición do ciclo Rúa dos Contos, que este ano regresa rende homenaxe ao cómico Pedro Brandariz; e que na súa primeira fin de semana contará con Alberte Montes, Marta Doviro, Blues do País, Marta Iglesias, Tito Rober e Vicente Mohedano, unha peza que contará con intérprete de lingua de signos.
En total, o FIOT31 programará para esta fin de semana once espectáculos, dos cales catro estarán dirixidos a público infantil e familiar. Dúas son as estras absolutas de ‘Os contos de William Shakespeare’, de Pedras de Cartón, e ‘Wombo Combo’, de Galeatro; pero a cativada tamén poderá gozar cos malabares de ‘Poi’, que inaugura o ciclo Teatro de Rúa, e a Gala NOGA de narración oral para público familiar que acollerá o mercado municipal na mañá do día 2 e cuxa entrada será libre ata completar a capacidade do recinto. Precisamente o día anterior, o sábado 1, o Pazo da Cultura acollerá a celebración dunha xornada profesional do Colectivo NOGA, que celebrará a súa Asemblea Constituínte.
Pola noite do mesmo sábado, o mercado municipal será o recinto no que se celebre Gala Homenaxe a Pedro Brandariz, cómico moi querido polo público do FIOT e a quen Rúa dos Contos lle rende tributo no ano do seu pasamento. Isabel Risco e Fran Rei presentarán esta gala, que contará coas actuacións e intervencións de Izquierdo Sisters, Víctor Grande, Javi Sega, Caxoto, As fillas de Portaberta, Pablo Díaz, Se masca la Comedia e Diana Sieira. A recadación do evento destinarase ao proxecto Pallasos en Rebeldía.
Finalmente, o domingo 2 pola tarde, e logo da estrea de ‘Wombo Combo’, o Pazo da Cultura acollerá ás 19.30 horas a inauguración da exposición Zoom FIOT 2021, que recolle cada ano, a través de fotografías, a actividade menos visible para o público do festival. Esther Chamoso, Fernando Nieto, José Antonio Andrade, José Luis Castro, María Barca e Melina Regueira asinan as fotos que se mostrarán no andar O do Pazo, e que foron tomadas durante a pasada edición do FIOT.
Axenda FIOT | 30 de setembro - 2 de outubro
Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo 2022
Venres 30 de setembro
18.00 h na Biblioteca Rego da Balsa
Fiotiño | ‘Os contos de William Shakespeare’, de Pedras de Cartón (ESTREA ABSOLUTA)
19.30 h na Praza do Concello
Teatro de Rúa | ‘Poi’, de Compañía D’es Tro
21.00 h no Castino 1889
Rúa dos Contos | ‘Patrón’, de Alberte Montes (ESTREA ABSOLUTA)
23.00 horas, no Mesón do Pulpo
Rúa dos Contos | ‘Memorias dunha rapasa da costa’, de Marta Doviro Sábado 1 de outubro
11.00 horas, Pazo da Cultura
Xornadas profesionais: Asemblea Constitución NOGA
21.00h no Mercado municipal
Rúa dos Contos | Gala Homenaxe a Pedro Brandariz
23.30 horas en O Patacón
Rúa dos Contos | Blues do País
Domingo 2 de outubro
12.30 horas no mercado municipal
Gala NOGA de narración oral para público familiar
17.30 horas na Residencia de maiores de Carballo
Rúa dos Contos | ‘3…2…1… Impro! (versión reducida)’, de Marta Iglesias
18.00 horas no Pazo da Cultura
‘Wombo Combo’, de Galeatro e FIOT (ESTREA ABSOLUTA)
19.30 horas no Pazo da Cultura
Exposición | Inauguración ZOOM Fiot 2021
20.00 horas na Cafetería Valle-Inclán
Rúa dos Contos | ‘3…2…1… Impro!’, de Marta Iglesias e Tito Rober
22.00 horas no Casino 1889
Rúa dos Contos | ‘Habito Terra’, de Vicente Mohedano
Con intérprete de lingua de signos