cultura
Compostela amence este luns empapelado co símbolo da RESISTENCIA ARDENTE
Mondra anuncia a publicación do seu novo sinxelo, RUANDO, xunto a AIDA (Tanxugueiras), cunha acción da rúa para que o público poida descubrir un breve avance do seu novo tema, que verá a luz este venres, 1 de setembro, nas principais plataformas dixitais.
Os carteis co símbolo da RESISTENCIA ARDENTE atópanse nas seguintes localizacións da cidade: Cruceiro de San Pedro, Bonaval, Praza 8 de marzo, San Roque, Campus Norte, Vista alegre, Rúa do Franco, Fonseca, Rúa do Vilar, Preguntoiro, Mazarelos, Praza de Abastos, Porta Faxeira, Rúa Virxe da Cerca, Alameda, Praza Galicia, Campus Sur, Santa Marta, Praza Roja , Alfredo Brañas, Doutor Teixeiro, Montero Ríos, República do Salvador, Parque da Praza da Constitución, Rotonda Eugenio Granell, Ponte de Sar-Fontiñas, Área Central, Fontiñas, San Lázaro.
A través do código QR impreso nos carteis, o público poderá acceder ao site mondra.gal e coñecer un pouco máis do proxecto ARDĒN, así como visualizar o teaser de RUANDO e gardar o pre-save do single.
Ademais, con esta acción, o artista quere convidar a todas as súas seguidoras e seguidores a sumarse á RESISTENCIA ARDENTE compartindo o seu símbolo nas redes sociais.
VER TEASER SINGLE RUANDO (con AIDA):
https://www.dropbox.com/sh/mqob4jhtwc6m5ml/AACYDK1OAiTB96eIjiUz7k12a?dl=0
DESCARGAR SÍMBOLO DA RESISTENCIA ARDENTE:
GARDAR O PRE-SAVE DO SINGLE RUANDO (CON AIDA):
https://links.altafonte.com/awy4krb
VER VÍDEOS PEGADA CARTEIS RESISTENCIA ARDENTE:
https://www.dropbox.com/sh/up62lrob7pvmhrn/AAAPpXvjKasmsmDbKeuxuEOua?dl=0
Benvidas a ARDĒN!
En ARDĒN, hónranos o resistir na terra.
Hónrannos o orgullo de ser e a valentía de estar ARDENTES.
Porque, por enriba de quen non nos quere libres, a FOLĪA segue a ser o noso espazo libertario.
Este venres, 1 de setembro, as 00.00h liberámonos RUANDO.
ARDENTES NA RESISTENCIA! ARDENTES, A RUARE!
https://www.youtube.com/watch?v=eIF2w1_iadk
Pregárdao!
https://links.altafonte.com/awy4krb
Mondra, unha das voces máis singulares e prometedoras da nova escena musical galega, presentará o seu novo sinxelo, RUANDO, xunto a AIDA (Tanxugueiras) este venres, 1 de setembro. Desde este luns, o público pode degustar un breve avance do single a través do site mondra.gal.
RUANDO é un dos temas que formará parte de ARDĒN (Altafonte Music Spain, 2023), o primeiro LP de Mondra, que verá a luz o mércores 20 de setembro nas principais plataformas dixitais e que tamén estará dispoñible en formato CD de edición limitada e única.
Cantareiro, bailador, instrumentista e compositor, Mondra é o cocreador, xunto con Berto, dalgúns dos temas máis coreados e escoitados este verán en Galicia, como é o caso de PUNHETA!, no que tamén participa Fillas de Cassandra, ou RUMBAMBĀ. Todos eles formarán parte de ARDĒN, o seu álbum debut, unha proposta ambiciosa, luminosa e reflexiva ao tempo; que salienta pola súa marcada identidade así como pola rebordante dimensión electrónica dun proxecto que dialoga coa música tradicional galega.
ARDĒN é un traballo conceptual no que Mondra introduce ás ouvintes nunha terra que saúda a liberdade, os afectos e o amor. Tal e como sinala o creador, "en ARDĒN hónrannos o orgullo de ser e a valentía de estar ARDENTES. Porque, por enriba de quen non nos quere libres, a FOLĪA segue a ser o noso espazo libertario. Fomos sepultadas, para furar dende o chan. Para, despois de todo, volver facer da FOLĪA un espazo onde troupelear. Onde rir as penas e chorar as alegrías. Porque hai en ARDĒN unha rosa seca e espiñada que, na FOLĪA, reverdece".
Así, ARDĒN é unha celebración, un apoderamento da liberdade. É na FOLĪA onde xorde a máxima expresión das súas músicas. E este mesmo espazo libertario, esta FOLĪA das ARDENTES, é a que chegará o 29 de setembro á Sala Capitol de Santiago de Compostela na presentación pública de ARDĒN. Será unha noite na que Mondra despregará unha proposta contundente, dinámica e liberadora. Unha experiencia musical, visual e performativa na que, sobre o escenario, estará acompañado de convidadas especiais, todas e cada unha das ARDENTES partícipes no primeiro álbum de Mondra. As entradas están dispoñibles en www.salacapitol.com.
MONDRA
Artista, cantareiro e bailador, Mondra é un dos nomes máis frescos e prometedores da nova escena musical galega. Este outono presenta ARDĒN (Altafonte Music Spain, 2023) o seu primeiro traballo discográfico. Producido por Berto, ARDĒN é unha experiencia musical, visual e performativa que dialoga coa música tradicional galega. Unha proposta electrónica, luminosa e reflexiva, que celebra e reclama, que coida e berra, e abre a porta a unha terra diversa ateigada de liberdade, afectos e apoderamento. Os primeiros cortes que xa se coñecen de ARDĒN son SACOdePULGAS, Beijos de LK, PUNHETA! (con Fillas de Cassandra) e RUMBAMBĀ.