Dende o 16 ata o 30 de setembro no Ágora
Con A de Astrónomas,
AXENDA CULTURAL
CANDO:
Dende o 16/09/2017 ata o 30/09/2017 no Centro Ágora
HORARIO:
Lunes a viernes de 08.00 h a 21.00 h
Sábado de 09.00 h a 14.00 h y de 16.00 h. a 21.00 h
ENDEREZO:
Centro Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Esta é una historia que empeza hai miles de anos, quizais centos de miles. Cando as nosas antepasadas, con "a", miraron ao ceo e se preguntaron polo que había nel. É seguro que, xa entón, as mulleres mediron o tempo observando a Lúa e o Sol.
Miles de anos despois, outras mulleres dirixiron a súa mirada ao Cosmos e converteron na súa profesión investigar os seus misterios. Esas son as astrónomas, tamén con A. Foron moitas, moitísimas. En todas as épocas da historia houbo astrónomas. Todas elas, co seu esforzo e dedicación, fixeron avanzar a ciencia.Algunhas realizaron achados transcendentais. Esta exposición mostra algunhas das súas contribucións.
Esta historia tamén fala doutro A, a de astronomía, claro. Resoan ademais moitos outros AS: Ade avanzar, A de arela, A de afouteza, A de alegría, A de análise. De aprendizaxe. Pero tamén de algo de amargura, porque as mulleres tiveron que enfrontarse sempre a moitos obstáculos para desenvolveren o seu coñecemento.