Fotopoesía

"Encuentros": un diálogo visual entre culturas en la exposición fotográfica

El 30 de noviembre se inauguró la exposición Encuentros en la Casa Museo Casares Quiroga que estará hasta mediados del mes de enero.

"Encuentros": un diálogo visual entre culturas en la exposición fotográfica
IMG-20231129-WA0004
Encuentros

Es el Encuentro de dos Culturas simbolizadas por el Dolmen de Axeitos de Ribeira/Galicia y Puruchuco de Lima/Perú.

El Dolmen de Axeitos es un monumento megalítico, un lugar de rituales funerarios. Algunos arqueólogos sostienen que si lo vemos desde un punto de vista cenital, evoca la forma de una persona en posición fetal, uniendo así el inicio y el fin de la vida.

Es el único dolmen de Galicia que se mantiene intacto desde su construcción hace unos 6000 años

Las luces y sombras en la fotografía de Gustavo García Roig, evocan para François Davo el encuentro de seres de aquel mundo salvaje, primero el ciervo y el caballo, y también la cazadora, la Guardiana, que invitada por ellos a la danza de la fertilidad da comienzo un mundo habitado

Puruchuco es una fortaleza ubicada a 15 km al sur de Lima/Perú, construida por los Ychmas en el siglo XII. Era la residencia del Curaca, el señor que dominaba la zona.

Fue vivienda familiar, almacén para las cosechas y espacio de ceremonias rituales.

Puruchuco significa “casco emplumado” y simboliza una mente superior, la del Curaca

Queremos transmitir la “magia” que nos transmiten estos lugares a través de la fotopoesía de esta exposición

  • Casa Museo Casares Quiroga
  • C/ Panaderas 14, Coruña
  • Horario: Martes a sábado de 11 a 13:30 – 18 a 20h. Domingos y festivos de 12 a 14h. Lunes cerrado
 

François Davo

ENCONTRO EN PURUCHUCO

(poemas da exposición coas fotografías de Gustavo García Roig. Hotel NH Atlántico. A Coruña. Maio-xuño 2010)

O teu ollo non é virxe
non esquece 
o que aniña
nas fendas do tempo

O mundo das voces cabía nunha caracola:
escoita o rumor do tempo
dime a ausencia do mar
o río que fala ao lonxe
e o vo do cóndor que murmura
a xeración da perda. 

Só ficara a caída da luz entre paredes
de vida silenciada -
hoxe é un onte soñado
na dor do ar espeso
esa saudade sen debuxos.
Nós 
atopamos o rostro espido
a cicatriz da tradición muda
ou da festa da colleita esmagada.

Detrás das pálpebras do tempo
o testemuño vira a súa faz
cara ao inicio
á xénese de sermos
á promesa de termos
no latexo do ollo
clarón da alma inqueda
a luz non é xamais aventura
fica  no lugar do crime
a infamia nin sequera deixou mancha ningunha. 

 

Para Gustavo

Os teus ollos
como unha aperta
o abraio de seres ti quen
tentamos ser sempre
na diagonal escura da vila acesa
estamos 
non estamos xamais
se non esvae o lume do mediodía
nas escaleiras do encontro.

Estabamos perdidos, 
afastados 
do centro
do universo
atopámonos
en Puruchuco
no centro 
do labirinto.

Nos pasadizos da cidade abertos pola sombra
os afluentes do vento abalan
na trasmición ata nós do intre tráxico.

Nada permanece
todo é urxente -

Puruchuco apenas ficou durmida
está a soñar nas pozas da luz
a fráxil xeometría do espírito
no labirinto de signos esvaecidos.

Abres os ollos 
e
nada é urxente.

O teu corazón é un saúdo de benvida ao sol

Non hai nada máis sagrado que o humano
na matriz  aberta
ollo escuro
onde se acocha o misterio

escoitas o bafo da maxia
dis o latexo do universo
o diálogo incesante
do leste co oeste
nas paredes do labirinto
e por fin 
respiras

RIMAI CU LLAIQUI

Fálame
boca escura
leme o epitafio do señor emplumado
cóntame o abraio
do universo afogado
ábreme
a cova da alma 
apréndeme a ser
no meu equinoccio
dime a escrita invisíbel do laio
do tempo de ferro
do tempo do roubo
nas paredes de barro
ensaia a xeometría da luz
da cidade arquipélago
convida xa, en nós e no espazo habitado do ollo
a grámatica do encontro

A ollada -nas súas ás de desexo- 
abre coas faíscas do tempo
os pasadizos do labirinto
a transparencia da pirámide ergueita polo sol
vibra sen cesar
adoita ter a dozura da fonte do ser
e da palabra
en nós
da paisaxe da alma

Para Sol e Ivo

Como a cidade e
o ollo
o sol tamén é unha illa.

A mirada, alerta
e nós, a navegarmos.

Ruxían os astros na festa da colleita
ardían os ollos da conciencia acesa
e agora
na horta saqueada
buscaremos a diagonal do tempo
burla do centro
á periferia.

Como o sol é o ollo
do universo
o labirinto
é o nó
do reencontro.

Nota

Estes poemas foron recitados por primeira vez o día 13 de maio de 2010 na presentación da exposición Encontro en Puruchuco (Hotel NH Atlántico, A Coruña, Galiza) e expostos ata o 30 de xuño do mesmo ano en soportes fotográficos, obras do fotógrafo Gustavo García Roig.

"Encuentros": un diálogo visual entre culturas en la exposición fotográfica