Estreno nos Mallos: "O esperpéntico caso do obreiro do futuro
O vindeiro venres 8 de abril ás 20:30h o Centro Cívico de Os Mallos acollerá a estrea teatral da obra "O esperpéntico caso do obreiro do futuro", da compañía Lautana de Teatro.
Esta obra está escrita por Luis Vivanco e Juan Mariñas, dirixida por Luis Vivanco e interpretada por Isabel de Toro, Paco Alvarellos e Juan Mariñas.
30 mar 2016
Nun futuro onde a “SEGURIDADE TOTAL” dá paso ao “CONTROL TOTAL” e onde todo elixiuse en democracia, mesmo non “VOLVER A FACELO”; a sensualidade e o humor únense á supervivencia. Neste futuro hipotético un obreiro atópase envolto, sen o cheirar, nunha trama subversiva onde a súa muller, María, é a protagonista, e un funcionario do “Grande Estado” é a conciencia do poder establecido.