Teatro
"Feminíssimas", o 10 de Abril
A cita será ás 20.30 horas. Unha nova oportunidade para disfrutar da nova obra escrita por Esther F. Carrodeguas, dirixida por Xavier Castiñeira e interpretada por Stephy Llaryora, Esther F. Carrodeguas y Noelia Blanco.
As entradas serán de 5,00€ prezo normal e de 2,50€ prezo reducido. Pódense adquirir ás entradas a partir das 19:30h na propia billeteira do auditorio.
Público Adulto. Recoméndase acudir con antelación suficiente para evitar aglomeracións.
# Sinopse:
Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven. Tres amigas que teñen 3 maneiras ben distintas de entender o “feminismo”... Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e postfeminisimo.
Este é o eixo da creación colectiva de Esther F. Carrodeguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Xavier Castiñeira. Con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a proba a amizade -dende a comedia- e analizar de que maneira as mulleres estamos a con-vivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas. Unha maneira –tamén- de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incongurencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. Un espazo –ademáis- para reflexionar sobre la amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía.
En resumo: unha comedia negra... moi violeta.