Circuíto Musical na Coruña
Que pasa coa música de club na Coruña?
Pepe Doré e o Garufa, anfitrións dunha palestra mañá xoves sobre música ao vivo na cidade. Coa colaboración de Entre Nós.
Dentro da programación da 2ª Semana da Música na Coruña que organiza a asociación de salas de música Clubtura e na que colaboran Músicos ao Vivo e o Concello da Coruña, mañá XOVES ás 18 horas no Garufa Club, terá lugar unha palestra sobre o circuíto musical na cidade na que intervirán Pepe Doré (Clubtura), Xosé Lois Romero e Manuel Alonso (ambos de Músicos Ao Vivo), os músicos Víctor Ledo e Nando Deibe, e o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande.
Para despois da palestra, en torno ás oito da tarde, está previsto un mini concerto dos grupos Nando y Los Deibes, La Dance e Calma Chicha.
A palestra e o concerto están organizados por tres medios dixitais da cidade: laduda.net, corunahoy.es e entrenosdigital.com
Aquí podes ler as entrevistas de JUAN OLIVER aos grupos que ofrecerán o concerto
E nestas ligazóns as entrevistas con Pepe Doré e Xosé Lois Romero (esta, de CARMEN GRIMALDI)
Pepe Doré (Garufa/Clubtura)
Xosé Lois Romero (Músicos Ao Vivo)