Viñetas desde o Atlántico

O programa de Viñetas inclúe mañá venres unha das súas citas máis agardadas: a primeira sesión de firmas de autores y autoras

Na xornada de mañá tamén volverá estar de actualidade un dos maiores desastres ambientais do noso país, a marea negra causada polo accidente do petroleiro Prestige nas costas galegas, hai agora dúas décadas. Será na charla que, a partir das 19.30 horas, ofrecerán Sergi San Julián, autor dos debuxos da novela gráfica “A conta Atrás”, e o seu guionista, Carlos Portela; unha obra que narra o sucedido naqueles fatídicos días que deron lugar a ese berro xa universal de “Nunca máis”. 
O programa de Viñetas inclúe mañá venres unha das súas citas máis agardadas: a primeira sesión de firmas de autores y autoras
Viñetas de San Julian
Viñetas de San Julian

A Coruña, 11 de agosto de 2022.- Chega unha das propostas máis esperadas cada ano en Viñetas desde o Atlántico. Os autores convidados deste 25 aniversario do Salón do Cómic da Coruña estarán ao dispor dos seus seguidores para asinarlles exemplares das súas obras no que será a primeira sesión de firmas desta edición. Será mañá venres entre as 18 h e as 20 horas, en la carpa que a organización de Viñetas ten na Rúa da BD. Unha xornada na que tamén se falará do accidente do Prestige (2002) e dos días que seguiron ao que rematou por ser un dos desastres medioambientais máis grandes do noso país. O debuxante da novela gráfica  A conta atrás, Sergi San Julián, e o seu guionista, Carlos Portela, charlarán cos afeccionados ás 19.30 horas, no Kiosco Alfonso. A obra de ambos os dous narra en sentido inverso e cun cadro coral de personaxes o sucedido naqueles fatídicos días nos que a marea negra provocada polo afundimento do petroleiro tinguiu as costas galegas. Os orixinais da versión íntegra de A conta atrás están na sala Palexco. A conversa poderase seguir tamén en liña, a través da ligazón https://www.vinetasdesdeoatlantico.com/gl/charlas/

É a segunda vez que o estalido cidadán provocado pola traxedia do Prestige, que deu orixe ao slogan  de rexeitamento “Nunca máis”, vén a Viñetas. A primeira parte da novela, publicada en 2008, xa integrou daquela a oferta expositiva do salón. Agora volve facelo na súa versión íntegra, que inclúe unha segunda parte, ata o de agora inédita. Con prólogo de Manuel Rivas, epílogo de Miguelanxo Prado, e moito material adicional, o novo volume publícase este ano no que precisamente van  20 do desastre. A mostra cobre o espazo que sempre dedica o festival corunés a aquelas obras que utilizan a linguaxe do cómic para a denuncia e a crítica social. 

De formación autodidacta, Sergi San Julián deuse a coñecer ao gran público con Gorka, serie de fantasía heroica que iniciou en solitario e continuou coa colaboración de Albert Monteys. Máis tarde retomou ao personaxe nunha miniserie escrita por Carlos Portela, con Fernando Iglesias (Kohell) a cargo dos storyboards. Nos últimos anos participou en sagas creadas por outros autores e para o mercado francobelga. San Julián traballa de forma habitual coa axencia Comicon, colaborou nas cabeceiras Micky Maus e Power Rangers, e creou, xunto a Alexis CaperaThe staff. A súa obra como humorista gráfico tivo difusión en diversos xornais, revistas de humor e publicacións alternativas: desde Kale Gorria a l’Accent ou El Jueves. Na súa bibliografía ocupa un lugar destacado A conta atrás, novela gráfica escrita por Carlos Portela que por fin publica a editorial ECC de forma íntegra, en castelán e mais en galego, en coincidencia co vixésimo aniversario do desastre do petroleiro. 

Xabarín e Las chicas del cable 

Guionista e membro do equipo de Viñetas desde o Atlántico desde os seus inicios, Carlos Portela é analista de Banda Deseñada desde 1983 cando, ao fundar o fanzine Interlinea, incluíu a sección de crítica Nomofan. Na TVG foi guionista e presentador de Xabarín Club, programa infantil emblemático da Televisión de Galicia e que tamén está este ano de aniversario. Fixo o guión da aclamada e inconclusa serie Impresiones de la Isla (dous números), con debuxos de Fernando Iglesias, obra que obtivo tres nomeamentos no Salón do Cómic de Barcelona. Son da súa autoría Kami Seeds (editorial Camaleón, con Víctor Rivas e Fernando Iglesias) e Vox Populi (con Víctor Rivas). Asinou a segunda etapa de Gorka  outra vez con Iglesias e agora ademais con Sergi San Julián. Entre 1995 e 2000 publicou con Fernando Iglesias a serie O labirinto de pedra no magacín Compostelán. Igualmente con Iglesias participou na antoloxía internacional Comix 2000. Colaborou, ademais, con publicacións como Krazy Cómics, Totem, Fronte Comixario e El País. 

Portela traballou tamén para o mercado francobelga coa serie Os Heresiarcas, con debuxos de Das Pastoras, publicada en EEUU baixo o nome Deicide. Bateu marcas de vendas na editorial Glénat recuperando o personaxe de Esther debuxada por Purita Campos e participou na segunda etapa da revista BD Banda facendo de novo tándem con Iglesias (Kohell). Ademais realizou guións para diversos programas da TVG e foi director creativo de promocións da cadea autonómica. Para o cinema fixo o guión da longametraxe El año de la garrapata, dirixida por Jorge Coira. Tamén escribiu series para televisión, como Pai Casares, da que foi produtor; Matalobos, Piratas; Las chicas del cable ou Velvet Colección, por citar algunhas. 

O programa de Viñetas inclúe mañá venres unha das súas citas máis agardadas: a primeira sesión de firmas de autores y autoras