A Asociación Cultural Sen Ánimo de Nome presenta a performance " ProtoTrans"

PROTOTRANS JAS PROCESSOR + FELIX FERNÁNDEZ ► ¬]A$ + F][XX

A Asociación Cultural Sen Ánimo de Nome presenta a performance " ProtoTrans" de Jas Processor e Félix Fernández. Os dous artistas galegos propoñen esta intervención no espazo para mostrala no Centro Ágora da Coruña dentro do proxecto da nosa asociación 1+1 Play Artistas en Microresidencia.

PROTOTRANS JAS PROCESSOR + FELIX FERNÁNDEZ ► ¬]A$ + F][XX
Cartel ProtoTrans
Cartaz ProtoTrans

Nota de prensa | Sen Ánimo de Nome | 15/09/2018

[Programación Cultura de Barrio 2018 - Concello de Cultura da Coruña].

Trátase dunha proposta transdisciplinar e lúdica onde o son experimental, o baile e a performance terán o protagonismo. A intención dos creadores é a de captar a atención dos espectadores e de facerlles vivir unha experiencia única, grazas a unha actitude transgresora cun propósito social evidente: o enriquecemento da sociedade na que vivimos disfrutando da diversidade, da creatividade, e da liberdade de expresión.

  • Día e hora: Sábado 15 de setembro ás 20:00h.
  • Lugar: Centro Ágora, Lugar da Gramela, A Coruña.

ENTRADA DE BALDE

PROTOTRANS é a proposta de ¬]A$ & F][XX. Un proxecto no que os artistas transdisciplinares Félix Fernández e Jas Processor ofrecen unha intervención no espazo público en forma de contedor sonoro-performativo. Un encontro onde o baile e a música electrónica pasan a ser as canles conductoras dunha experiencia creativa na que se van sumando distintas linguaxes. A palabra, o texto, a remezcla, o son, o experimental, o visual e a performance transitan nunha sesión de Dj´s inusual, intensa e divertida.

É o lugar onde estes dous artistas atoparon un suxestivo continente que tomará forma e contido a medida que se desenvolve o proxecto. Pártese do feito de que o termo non é novo. Prototrans é o lugar dende onde explorar con liberdade e construír unha proposta de creación contemporánea.

Antecedentes

A colaboración comezou en 2016, ao redor da música electrónica, o performativo e a figura do Dj. Dous propostas xurdiron desta mestura creativa: Unha como parella artística JAS & FIXX e outra como promotora de "Noites de Hypnoxia" como lugar de confluencia de propostas artísticas emerxentes vinculadas á cultura do club.

O resultado final foron 3 convocatorias realizadas na sala Puticlú e na que participaron os colectivos visuais DSK, o artista transdisciplinar Eduardo Fernández e os DJs Pablo Pérez Sanmartín e ZIMOFF.

En marzo de 2017 actuaron como JAS e FIXX no evento Cidade Creativa desenvolvido na Cidade da Cultura de Galicia.

Sobre 1+1 Play

Sen Ánimo de Nome desenvolveu un programa enfocado en artistas nacionais e internacionais, ofrecéndolles a oportunidade de traballar e colaborar para organizar unha exposición conxunta. É unha experiencia de convivencia, de crecemento persoal e profesional; enfrontar as súas técnicas e filosofías de traballo para crear algo novo. Durante días de intenso traballo os artistas crean obras inéditas de forma dual, conversando entre elas e co espectador. Ademais, os artistas crean un lazo de amizade e traballo que esperemos dure moito tempo e produza novos encontros e proxectos; á fin e ao cabo este é o fin último do 1+1 Play. O traballo finaliza coa inauguración dunha exposición nun espazo cedido.

O 1+1 Play quere crear unha rede de artistas, xestores culturais, espazos e compradores. Servir de plataforma de difusión e de promoción de artistas dentro do ámbito estatal e europeo. Crear pontes duradeiras entre artistas, espazos e xestores culturais de diferentes países.

Sobre Sen Ánimo de Nome

Sen Ánimo de Nome nace en xuño 2015 como asociación cultural sen fin de lucro. Un movemento, un colectivo artístico coa necesidade de axuntar esforzos para producir obra artística. Xeramos proxectos de xestión cultural, exposición de obra propia e doutros artistas, creación de eventos culturais e xestión de talleres relacionados. A intención é de seguir organizando proxectos culturais, sociais e ambientais; empuxar pola difusión dos artistas, dos xestores e asociacións e os seus proxectos; fomentar a arte en terra galega. Interésannos os proxectos culturais colectivos, loitar pola convivencia e abrir fronteiras, irmandando proxectos culturais nacionais e internacionais.

PROTOTRANS JAS PROCESSOR + FELIX FERNÁNDEZ ► ¬]A$ + F][XX