Erguer | nota de prensa
Sentada por un transporte digno - UDC
Isto non só obriga ás estudantes a realizar un longo percorrido en pendente a pé, senón que imposibilita, na práctica, o acceso do alumnado con impedimentos de mobilidade ás súas facultades. Ante isto, nin o concello nin a universidade ofreceron alternativas prácticas que alivien esta situación, posto que outras liñas que pasan pola zona, como a 24, xa se atopan conxestionadas abondo dada a súa escasa frecuencia. Esta situación, parece alongarse no tempo sen ningúnha vontade aparente por parte do Concello para ofrecer solucións, malia a que se asegurou que as obras e os cortes no transporte terían rematado en agosto.
Ante isto, dende Erguer, estudantes da Galiza, reclamamos un transporte público, eficiente e de calidade, que permita acudir ás aulas dun xeito cómodo e seguro ao conxunto do alumnado, sen excluir ás persoas con problemas de mobilidade. Por isto facemos un chamamento a todo o alumnado a protestar o día 23, quinta feira desta semana, realizando unha sentada ás 9:00 da mañá no campus fronte ao SAPE.