Organizado por Gabinete de Imaxinación Política e Ecos do Sur
Taller de dereitos para empregadas do fogar o 18 de novembro
Continuando coa liña de traballo en torno á comunidade de empregadas do fogar de atender e problematizar á realidade cotía na que se inserta ese traballo, realizarase un novo Taller de Dereitos que terá lugar o sábado 18 de novembro ás 16:30 na sede da ONG Ecos do Sur, situado na Rúa Aaiún n 2.
Neste Taller, no que contaremos con servizo de atención de nenos e nenos, contaremos coa presenza de Carlos Villar asesor xurídico en cuestións de estranxería da ONG Ecos do Sur, con quen abordaremos cuestións xurídicas. Tamén nos acompañará Silvia, Zohra, e Rocío, quen nos contarán o proecto Ecolimp http://www.ecolimp.net/ un proxecto empresarial de limpeza con valores. Ademáis Antía Perez Caramés do grupo de investigación ESOMI da UDC analizará algúns proxectos que se están dando no Estado de empoderamento destas comunidades a través de proxectos cooperativos e autónomos. Á vez o encontro servirá para preparar a Pasarela Precaria que terá lugar o 3 de decembro e coa que contaremos coa participacion de Territorio Doméstico, colectivo de empregadas do fogar que nos acompañou o 15 de outubro.
Este encontro está aberto á participación e quere ser un lugar de encontro, un espazo no que xuntarse e falar e no que facilitar lazos sociais entre todas as persoas que participen. A liña de traballo en torno á comunidade de empregadas do fogar é unha das misións do Gabinete de Imaxinación Política que conta co apoio do CoLab. Este espazo híbrido procura combinar a arte e as tecnoloxías sociais como ferramentas coas que contribuír para que colectivos, entidades, cooperativas e grupos informais incorporen nas súas prácticas e poidan acadar maiores cotas de autonomía, capacidade creativa e resiliencia.
Se queres máis info podes escribir a [email protected]