Divulgación

Horario de verán nos Museos Científicos Coruñeses, até o 31 de agosto

A Casa das Ciencias e a Domus abrirán, de luns a venres, de 10.00 a 19.00 horas, e nas fins de semanas e festivos entre as 11.00 e as 19.00 horas. O Aquarium estará aberto ao público desde as 10.00 e até as 20.00 horas de luns a venres, e de 11.00 a 21.00 horas os sábados, domingos e festivos.

Horario de verán nos Museos Científicos Coruñeses, até o 31 de agosto
Fotografía gañadora do concurso. Fotógrafo Audun Rikardsen
Fotografía gañadora do concurso. Fotógrafo Audun Rikardsen.

O Aquarium Finisterrae acolle desde o pasado sábado a exposición Fotógrafos da Natureza 2017, con imaxes da última edición do concurso GDT European Wildlife Photographer of the Year, organizado pola Asociación Alemana de Fotógrafos da Natureza (GDT). A fotografía Respirando na noite polar do noruegués Audun Rikardsen, é a gañadora absoluta do Premio GDT, e representa un tema clásico: unha candorca emerxendo á superficie para respirar nunha mañá fría e escura. É unha imaxe que mostra forza pero tamén fraxilidade, e reflicte a situación actual destes animais: aínda que son depredadores no cume das cadeas alimenticias, as candorcas non están consideradas como especie ameazada a pesar de que as súas poboacións están a reducirse.A exposición Fotógrafos da natureza 2017 estará aberta ao público até o próximo 30 de outubro.

Esta será a primeira actividade do verán nos Museos Científicos Coruñeses, que desde o 1 de xullo e até o 31 de agosto terán un novo horario: Así a Casa das Ciencias e a Domus abrirán, de luns a venres, en horario de 10.00 a 19.00 horas, e nas fins de semanas e festivos entre as 11.00 e as 19.00 horas. O Aquarium Finisterrae prolongará unha hora máis o seu horario habitual, de xeito que estará aberto ao público desde as 10.00 e até as 20.00 horas de luns a venres, e de 11.00 a 21.00 horas os sábados, domingos e festivos. O acceso ao recinto do Paseo Marítimo pecharase unha hora antes.

Para coñecer máis información sobre os Museos Científicos Coruñeses pode visitarse a páxina web www.mc2coruna.org


 

Horario de verán nos Museos Científicos Coruñeses, até o 31 de agosto