PLATAFORMA GALEGA POLO DEREITO AO ABORTO DA CORUÑA

As autoridades sanitarias non contratan o persoal sanitario necesario para atender as mulleres que teñen un aborto por causas médicas a partir das 14 semanas

Chus Díaz Anca forma parte da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto da Coruña; é psicóloga clínica e traballa no Centro de Planificación Familiar Municipal do Sergas.
Falamos con ela para que nos conte a campaña de denuncia que está levando a cabo a plataforma ante a Xerencia do CHUAC, debido á falta de atención de persoal sanitario que reciben as mulleres que teñen que abortar a partir das 14 semanas de embarazo. 

As autoridades sanitarias non contratan o persoal sanitario necesario para atender as mulleres que teñen un aborto por causas médicas a partir das 14 semanas
PlataformaAbortoACounha Foto
Concentración no CHUAC

¿Qué es y quién constituye la Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto da Coruña?

A Plataforma pola defensa do dereito ao aborto da Coruña está composta por organizacións feministas, sociais, políticas, sindicais e mulleres a título particular.
Ten como obxectivo loitar polos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres en sentido amplo, os cales están recollidos como dereitos humanos fundamentais nos tratados internacionais (Conferencia de Poboación e Desenvolvemento 1994 e Conferencia Mundial sobre as Mulleres 1995). Estes dereitos están subscritos polo Goberno español e por tanto son de obrigado cumprimento. Lei orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo.

Las mujeres embarazadas que se encuentran con una malformación en el feto, se enfrentan con un trato sanitario inhumano, además del mal trago que están pasando al descubrir que su futuro bebe está en peligro. Chus, ¿nos explicas esta desafortunada situación?

Por suposto.A situación que se dá é a seguinte: as mulleres cun embarazo desexado e que se atopan con que teñen un feto malformado, teñen que decidir se abortan ou non. Esta decisión a que se enfrontan está avalada pola actual Lei de saúde sexual e reproductiva e da interrupción voluntaria do embarazo que establece que cando hai unha malformación grave no feto ou a saúde da nai corre perigo, a muller decide qué fai: se continúa co embarazo ou o interrompe.

Esta decisión supón para a muller un trauma, xa que se atopa con que ás 14 semanas ou máis de embarazo ten que decidir abortar.

As posibilidades que lle ofrece o sistema de saúde son:

- Abortar no hospital Materno Infantil; aquí provócaselle un parto. Temos que aclarar que existe un Protocolo Internacional que o Estado español asinou, que di que a muller ten de ser atendida en todo momento por persoal sanitario nun paritorio. 

No Materno van parir o feto morto na habitación en que foron ingresadas, non o van facer no paritorio tal como se recomenda; tampouco se lles ofrece a anestesia epidural e ademais non hai garantía de que a muller, no momento de parir, vaia estar atendida polo persoal sanitario adecuado, neste caso polas matronas que son as que atenden os partos.

¿Estas situacións son denunciadas ante as autoridades sanitarias?

Estas situacións denunciáronse ante as autoridades sanitarias do Complexo Universitario e hai anos que din que van modificar esta situación, pero seguen sen facer nada.
Podes imaxinar como están as mulleres logo de vivir toda esta situación, en que sufriron a perda do seu futuro bebé e teñen que enfrontalo nunhas condicións realmente inhumanas. Ao proceso de dó pola perda que sofren engádese, en moitos casos, un trastorno de estrés postraumático e necesitan xeralmente terapia psicolóxica, que se lles ofrece desde Planificación Familiar.

A segunda opción que lle ofrece o Sistema Galego de Saúde é desprazarse ata Madrid a unha clínica privada concertada, na que van parir nun paritorio e van estar atendidas, en todo momento, polo persoal sanitario adecuado. O problema desta segunda opción é que moitas mulleres non poden desprazarse a Madrid, debido aos trastornos que isto xera, por exemplo: no coidado doutras/os fillas/os, atender a súa vida cotiá e vivir a situación cerca dos seus seres queridos. É moi distinto ir ao Materno, que está preto da súa casa, de ter que o vivir a 600 km da súa casa, familia etc.

Nós preguntámonos: por que aquí no Materno non contratan matronas para que estas mulleres estean atendidas en todo momento?, por que queren castigar deste xeito as mulleres? e que modelo de formación están dando ás novas xeracións? 

A Plataforma entregou no rexistro do CHUAC un escrito o 20 de xullo do 2015 denunciando esta situación ante a Xerencia e ante a Dirección médica, sinalando que non se estaban a cumprir os Protocolos Internacionais que o Goberno do Estado español ten asinados. As autoridades non contestaron ao escrito que presentamos; por esta razón, a Plataforma está comezando a levar a cabo mobilizacións e campañas de denuncia por medio das redes sociais. O pasado xoves 18 de febreiro comezou a primeira concentración diante do Hospital Universitario da Coruña.

Outro tema importante que nos queda pendente é denunciar que no Centro de Planificación Familiar do Ventorrillo non hai persoal de xinecoloxía desde xaneiro do 2013.
O centro referencial para trinta concellos do rural (A Laracha, Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cabanas, Camariñas, Carballo, Cee, Cerceda, Coirós, Corcubión, Coristanco, Culleredo, Curtis, Dumbría, Fisterra, Irixoa, Malpica, Miño, Muxía, Oza -Cesuras, Paderne, Ponteceso, Sobrado dos Monxes,Vilarmaior, Vilasantar, Vimianzo e Zas).”

As autoridades sanitarias non contratan o persoal sanitario necesario para atender as mulleres que teñen un aborto por causas médicas a partir das 14 semanas