Entrevista a Paloma Granda, premiada na Acción Poética nos Mallos
“A poesía é a maneira que teño de expresar os meus sentimentos”
Chámome Pamela Granda Sixto, teño 33 anos, son Técnico Auxiliar de Enfermaría aínda que non exerzo neste sector agora mesmo. Poderíamos dicir que son coruñesa, tanto por anos de residencia como polo sentimento de agarimo que lle teño a esta cidade, mais son nada na mariña lucense, nun lugar encantador, pertencente ao concello de Foz.
Pamela fuches seleccionada a segunda mellor poesía no evento As Letras nos Mallos, que che pareceu esta noticia?
Pois qué dicir, foi unha ledicia coñecer esta nova, non a esperaba a verdade, a quén non lle vai gustar ter recoñecida unha creación propia, como unha das mellores. Aínda que puiden escoitar, algunha poesía dos participantes, e a cal mais fermosa, debeu ser, unha decisión nada doada.
Qué che motivou a participar neste evento?
A decir verdade, non é a primeira vez que que me presento a un concurso destas características. Non tiven dúbida algunha, gústame escribir, poderíamos dicir que é a única maneira que teño, ou que sei, de expresar os meus sentimentos, é un xeito fermoso, de evadirme entre follas en branco e tinta, uso a escritura coma terapia, jajaja.
Que che parece que unha Asociación de Comerciantes do barrio organice un evento para celebrar ou día dás Letras Galegas?
Magnífico, é unha maneira moi orixinal de dar a coñecer ó barrio, aos veciños que temos, e aos negocios, que día a día loitan por sair adiante, paréceme unha maneira de publicidade impresionante. E qué mellor, que facer un evento coma este e usando algo tan noso, como as Letras Galegas?
Qué opinas da necesidade de interacción entre as veciñas/ veciños e comerciantes dos barrios?
Bueno, non quero estenderme moito, considero que deberíamos ter máis concursos culturais, porque creo que todos e cada un dos veciños, temos ou podemos aportar algo, todos somos importantes, e todos temos algún don, e moitas veces somos descoñecedores deste, ou simplemente, non sabemos explotalo. Este tipo de concursos axuda a crear, a innovar, e ao participar neles, abre portas tanto aos negocios coma aos propios veciños.
Animo a que se fagan mais concursos, e en diversos sectores, e que os veciños non dubiden en presentar as súas creacións, ou en observar as creacions dos demais, que tamén, é moi importante. Repitome, pareceume impresionante, como se realizou a lectura das poesías... a entrega dos premios... e aos veciños que acompañaron neste evento, con tanto agarimo, son eles os que merecen ser recoñecidos, aparte, evidentemente, da organización.
Es unha persoa afeccionada ou che dedicas profesionalmente á Poesía?
Sí, son afeccionada, é o terceiro premio recoñecido que teño, as dúas poesías antergas, foron selecionadas, finalistas, e están publicadas en diferentes antoloxías.
Cómo te imaxinas a futuro no mundo da Poesía?
Non o imaxino, é unha forma de vida. Si que é verdade, que levo algún tempo barallando a posibilidade, de facer unha pequena colección, por chamalo dalgun xeito, e poder publicar un libro meu, e con el mostraslle á xente as miñas poesías, os meus sentimentos.
Queres engadir algo mais?
Nada, dar a grazas a todos e cada un dos organizadores, dos negocios participantes, xurado, e aos veciños que acudiron ao evento. Parabens a Jennifer e Fuco, e a todos os participantes, un pracer compartir as vosas verbas.
Baixo a vizosa torre,
Coraxe e bravura ten o mar,
Ondas melódicas, con brío…
Baten no Orzan.
Azotan con forza Coruña
Aos pés de Bregán…
Pamela Granda Sixto