Ecoloxistas en Acción | nota de prensa
10 anos de contaminación nas Conchas e o encoro segue con pronóstico reservado
Cúmprense 10 anos da explosión de cianobacterias con evidencias de contaminación no encoro das Conchas e Ecoloxistas en Acción denuncia que o encoro continua sendo o sumidoiroda actividade gandeira das macrogranxas ubicadas na comarca da Limia,a súa maioría pertencentes a integradora ourensá COREN.
18 may 2021
O encoro das Conchas leva contaminado desde principios dos anos 90, pero foi a mediados de maio do 2011 cando a contaminación aflorou e fíxose visible.O verán do 2011 queda na memoria coas mobilizacións veciñais da Baixa Limia contra os efectos da grave contaminación que non tardan en afectar ás aldeas colindantes ao encoro. Cheiros insoportables e a imposibilidade de continuar as actividades habituais nas augas do encoro: baños, deportes, pesca, aliviaderos para o gando particular.
Logo deste feito, sucéndense uns anos de silencio nos que as administracións fan oídos xordos ás reclamacións da veciñanza e dos colectivos ecoloxistas e asistindo imprudentes e neglixentes ao avance do desastre.
Ao longo destes 10 anos, as veciñas e veciños das comarcas da Limia e da Baixa Limia organizáronse creando a plataforma Auga Limpa XA, como demandantes dunha lexítima petición: ter acceso ás augas limpas da comarca, cuios pozos particulares amosan altos índices de contaminación habendo aldeas como Sandiás, Vilar de Barrio ou Trasmirás sen acceso á auga potable.
Hai tempo que o veciño Portugal non permite que as augas eutrofizadas das Conchas baixen pola canle de Lindoso abaixo atravensando a fronteira que conforma o único Parque Natural Transfronteirizo de Europa: o Xurés-Gêres. Reserva da Biosfera, ZEPAS, LICs, lobos e cachenas. A riqueza da Baixa Limia está apodrecendo.
As augas do encoro das Conchas foron algo máis que a cloaca da Baixa Limia. No seu día obtiveron recoñecementos polo alto valor ecolóxico da zona, alvistaron xeracións de nenos e nenas aprendendo a nadar e acolleron turismo internacional. Estas augas abasteceron a actividade gandeira extensiva veciñal e irmanaron a Galiza sur transfronteriza coa veciña Portugal favorecendo relacións comerciais e económicas. Celebraron diversas actividades da Sociedade Cultural Deportiva e Xuvenil Fontefría, nada no ano 1980, mimaron o complexo arqueolóxico romano Aquis Querquenis e conviviron coas augas termais romanas de Bande.
No 2014, ponse en marcha o proxecto “LIFE REXENERA LIMIA”, con máis de 2 millóns de euros de Europa para desenvolver varias accións durante 3 anos. O proxecto comezaba cun acordo de colaboración entre o Ministerio de Medio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, a Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e tres empresas: Coren, Ecolagunas e Gas Natural. Chégase á necesidade urxente de pór en marcha este proxecto, pedindo fondos europeos, porque existen evidencias do ”exceso de nutrintes de orixe gandeira nas masas de auga da comarca da Limia” e pondo especial atención ao “desenvolvemento de solucións alternativas para a xestión dos residuos gandeiros co ánimo de reducir o seu impacto no medio ambiente”.
No 2019, a Confederación Miño-Sil asina un convenio coa Universidade de Vigo para o “desenvolvemento de traballos de investigación que permitan determinar a procedencia da contaminación por nitratos na conca do río Limia mediante o estudo de relacións isotópicas de diversos elementos”. 81000 euros repartidos en 3 anualidades.
A finais do ano 2019, a Xunta de Galicia puxo en marcha a iniciativa para elaborar o Plan Estratéxico do Sector Agrario de A Limia e, xusto un ano despois, celébranse catro encontros dixitais participativos coñecidos como a Mesa da Limia. Algúns dos obxectivos dese plan eran o tratamento axeitado dos residuos agrogandeiros recoñecendo, pois, a grave problemática á que foi abocada a comarca da Limia, por falta de previsión, por falta de planificación e pola inacción das administracións e lucro das empresas privadas alí afincadas.
Pese ao recoñecemento do grave problema de contaminación e a súa procedencia a Xunta de Galicia continúa concedendo, sen planificación algunha, autorizacións para a instalación de máis macrogranxas industriais gandeiras ou para ampliar as existentes na comarca da Limia.
O grave problema ambiental e de saúde pública provocado polos nitratos procedentes das macrogranxas non é exclusivo da Limia. Ao longo de todo o territorio do estado español atópanse plataformas veciñais que loitan contra as macrogranxas dunha gandería intensiva maltratadora. Máis de 30 colectivos, no que se inclúe Ecoloxistas en Acción, conforman a Coordinadora Stop Ganadería Industrial que baixo o lema #MoratoriaYa fai de nexo e de voz de tantos e tantos e tantos pobos aos que pretenden mergullar en xurros, purins e augas enchidas de nitratos
A primeiros deste ano puxose en marcha un proceso de consulta do Real Decreto sobre protección das augas contra a contaminación producida polos nitratos procedentes de fontes agrarias, de 1996. Esta revisión do decreto nace con moi pouca ambición de acadar solucións reiais ao desastre ambiental que está provocando a proliferación das macrogranxas. Ecoloxistas en Acción presentou alegacions ao borrador do Real Decreto e denuncia que no texto do borrador se evita focalizar o verdadeiramente necesario: cuantificar a cantidade de nitratos que acaban no medio ambiente e aplicar medidas de inspección e sanción.
Ante a falta de resultados dos proxectos e plans anunciados polos organismos competentes, Ecoloxistas en Acción ten solicitada toda a documentación relativa ao informe de resultados da implementación do Proxecto LIFE REXENERA LIMIA: compatibilidade da actividade gandeira co bo estado das masas de auga da comarca da Limia, reducción dos nutrintes de orixe gandeira nas masas de auga da comarca da Limia, recuperación de espazos húmidos, etc., tal e como se inclúe na pretensión do proxecto; e o informe de resultados e/ou avance dos traballos de investigación que permitan determinar a procedencia da contaminación por nitratos na conca do río Limia, mediante o estudo de relacións isotópicas de diversos elementos, tal e como se establece no convenio asinado entre este organismo de conca e a Universidade de Vigo.
A organización ecoloxista tamén ten solicitada toda a documentación relativa aos plans de mellora das explotacións agrarias e gandeiras da comarca da Limia e da Baixa Limia e o número de explotacións gandeiras; a información relativa ás explotacións da comarca da Limia e da Baixa Limia (código) que teñen contrato un xestor de residuos e a información relativa ao xestor/es de residuos da comarca da Limia e da Baixa Limia e o plan de xestión do xestor/es.
O que está a acontecer no Encoro das Conchas e na comarca da Limia é un exemplo máis de que as administracións esqueceron a salvagarda do dereito humano ao acceso á auga potable e a un vivir nun entorno non degradado ambientalmente.