Sindicalismo

4 xuño: Palestra polo clima

Palestra “SINDICALISMO HOXE PARA A TRANSFORMACIÓN SOCIAL”, xoves 4 ás 20h na sala virtual https://meet.jit.si/MovementoGalegopoloClima

No faladoiro bordaremos a importancia do sindicalismo galego para levar a cabo a transición ecolóxica con xustiza social e climática. Para isto contaremos con Isabel Vilalba, secretaria nacional do SLG (Sindicato Labrego Galego) e Alberte Gonçalves, secretario comarcal Vigo da CIG (Central intersindical galega)

4 xuño: Palestra polo clima
PROGRAMA CHARLAS
Palestra web polo clima

A crise sanitaria orixinada pola pandemia do Covid19 co seu crudo drama humano copou toda a atención mediática relegando a un sombrío e perigoso segundo plano á emerxencia climática. Nembargantes desta pandemia é a súa superación podemos aprender unha lección esencial para enfrentarnos á crise climática. A sociedade a nivel mundial foi capaz de organizarse, mudar hábitos e regular as actividades económicas para aminorar as consecuencias da pandemia. Superar a crise climática vai solicitar un esforzo aínda maior pero acometeremolo coa certidumbre de que somos capaces de levalo a bo término.

O venres 5 de xullo as ecoloxistas saimos ás rúas nunha nova acción global para esixir que o goberno e a sociedade retome o pulso a emerxencia climática. Para levar a cabo esta necesaria transición ecosocial con xustiza climática é imprescindible camiñar xuntas coas centrais sindicais do país, con pasos decididos pero non a costa da clase traballadora galega. Nesta palestra “SINDICALISMO HOXE PARA A TRANSFORMACIÓN SOCIAL” abordaremos este tema con dos destacados referentes do sindicalismo galego.

Movemento Galego polo Clima MGC

4 xuño: Palestra polo clima