medio ambiente
Accións simultáneas en Galicia para combater especies invasoras e fomentar a restauración ambiental este fin de semana
En prol da conservación do bosque autóctono galego, a rede Cousa de Raíces mobilizará a diferentes colectivos e voluntarios para participar en accións simultáneas de eliminación de especies forestais invasoras e de fomento da restauración ambiental. As actividades están programadas en diversas zonas do país, abrangendo desde plantación de árbores autóctonas ata procesos de desecaliptización e eliminación de especies invasoras.
As localidades onde se levarán a cabo as accións inclúen Friol, coa plantación de árbores autóctonas, Rebordelo en Cerdedo-Cotobade para a desecaliptización, Coiro en Cangas centrada na eliminación da tradescantia, Froxán en Lousame para plantación autóctona e Rialdarca en Moaña con accións de desacaciación e plantación autóctona. As diversas actividades buscan non só preservar o ecosistema galego, senón tamén concienciar e implicar á cidadanía na importancia da conservación ambiental.
Os interesados en participar nestas iniciativas poden inscribirse a través do formulario en liña dispoñible neste ligazón. A cousa de Raíces destaca a necesidade de accións conxuntas para protexer e preservar o rico patrimonio natural de Galicia.