Medio ambiente

Alertan que se poñen en perigo os “Teitos de Galicia”

Ecoloxistas en Acción presentou alegacións contra o megaparque eólico “Alto Cabrera” que pretenden instalar nos “Teitos de Galicia” desde o macizo de Trevinca até a serra da Cabrera na provincia de León.

Alertan que se poñen en perigo os “Teitos de Galicia”
teitos
Teitos de Galicia

A organización ecoloxista denuncia que estos enclaves son dun altísimo valor ecolóxico e que aínda que gozan de algunha figura de protección ambiental, estas son totalmente insuficientes para protexelos destes megaproxectos.

Ecoloxistas en Acción insta ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico a rexeitar o proxecto e a garantizar a importante función de corredor bioxeográfico e enclave natural que ten a zona. A organización ecoloxista advirte que non se pode pór en perigo a correcta conservación estos hábitats singulares. As altas montañas do Macizo Galaico-Leonés están sendo cada día máis frecuentados por especies en perigo de extinción ou en proceso de recuperación como o oso pardo (Ursus arctos).

Ecoloxistas en Acción alerta de que estos proxectos afectan á práctica totalidade da poboación nidificante de águia real (Aquila chrysaetos) de Galicia. Unha ave incluída no catálogo galego de especies ameazadas na categoría de “en perigo”. Esta é unha especie especialmente vulnerable aos alcances coas pás dos aeroxeneradores. Os estudos científicos sinalan precisamente que a águia real está en grave perigo pola proliferación de proxectos industriais de producción eólica dentro da exígua área de distribución desta especie en Galicia.

Trevinca, a Serra do Eixe ou La Cabrera son enclaves de alto valor ecolóxico que actúan como refuxio de especies singulares que amosan xa nese punto distribucións ailladas, incluso algún caso relictas. Sendo o límite meridional da súa distribución mundial para especies como a rá galaica (Rana parvipalmata), a cobra de esculapio (Zamenis longissimus) ou a charrela (Perdix perdix).

Ecoloxistas en Acción insisten en que a obra e a cimentacións dos muíños afecta a multitude de especies terrestres e que os estudios de impacto ambiental presentados polas empresas non valoran adecuadamente estos impactos. Unha das especies máis afectadas por estos grandes proxectos industriais de producción de enerxía eólica será a lagartixa leonesa (Iberolacerta galani). Unha especie de lagartixa que é endémica de catro serras do macizo galaico-leonés, e descrita como especie independiente en 2006, foi incluída no catálogo español de especies ameazadas no ano 2019. A maior parte da distribución mundial desta especie vaise ver gravemente afectada por varios proxectos de megaparques eólicos que alterarán gravemente o seu hábitat natural e porán en grave risco a supervivencia da especie.

A organización ecoloxista denuncia que os estudios de impacto ambiental que presentan as promotoras carecen de base cientícica actualizada que ofreza unha imaxe real da biodiversidade e os impactos sobre esta que estes grandes proxectos industriais poden provocar nos hábitats naturais afectados. Lembran que non é a primeira vez que estas serras ven perigar a súa integridade fronte a proxectos deste tipo, con anterioridade varios parques eólicos foron rexeitados nesa zona debido ao seu alto e inasumible impacto ambiental.

Ecoloxistas en Acción coida que a instalación dun mega parque industrial de producción eólicá na zona é incompatible coa conservación da biodiversidade. Solicitan que se desenvolva unha planificación eólica na que os parques de producción eléctrica se ubiquen nas cercanías dos propios centros de consumo de enerxía e fóra das paraxes naturais de alto valor ecolóxico.

Alertan que se poñen en perigo os “Teitos de Galicia”