Ecoloxistas en Acción | nota de prensa

Demandan que no se desperdicien as 90t de sobrecuota de marraxo elaborado, pero que en ningún caso se permita a súa venda

Ecoloxistas en Acción denuncia as prácticas de sobrepesca do sector pesqueiro español que afectan incluso a especies en perigo de extinción como marraxo azul. A abundancia de quenllas ou raias ten dimunuido a nivel global nun 71% dende 1970.
Demandan que no se desperdicien as 90t de sobrecuota de marraxo elaborado, pero que en ningún caso se permita a súa venda
Poxa_de_marraxo_(Isurus_oxyrinchus)_no_porto_pesqueiro_de_Vigo
Poxa de marraxo (Isurus_oxyrinchus) no porto pesqueiro de Vigo
  • No conflicto entre o goberno e os palangreiros, Ecoloxistas en Acción apoia a posición do goberno e oponse a que as 90t de marraxo sexan comercializadas, acarreando beneficios económicos da venda dunha especie que está en perigo.
  • Ecoloxistas en Acción demanda que non se proceda á destrucción de 90 t de marraxo xa pescado e propón a ambas partes que estudien a posibilidade de que as 90 t se donen a comedores sociais ou calqer outro servizo social.
  • Ecoloxistas en Acción demanda ao Ministro Luis Planas, que se “poñan as pilas” para aplicar as medidas de selectividade adecuadas que acaben coa pesca incidental de marraxo azul en 2021, tal e como teñen acordado. Ademáis, é necesaria a adecuada coordinación co Ministerio de Transición Ecológica, así como a comunicación de directrices claras ao sector pesqueiro, para evitar que este tipo de situacións tornen a producirse. 

O pasado xoves reseñábase na prensa a proibición da comercialización de 90 toneladas de marraxo azul (Isurus oxyrinchus) que os pescadores da palangre tiñan acumulado durante 2020. No artigo alegan “que se quedaron atónitos” trala decisión do Ministerio de Transición Ecológica de “destruir 90 t” de marraxo, que xa estaban pescados e conxelados, nun momento de crise económica para o sector a causa da situación de pandemia.

Ecoloxistas en Acción, non está a favor de que se destrúan as 90 toneladas de pescado. Porén, a raíz do problema está en que estos exemplares nunca debían ter sido pescados. A organización ecoloxista sinala que é fundamental que se tomen medidas para aumentala selectividadw da palangre, e se remate coa pesca accidental do marraxo do Atlántico Norte. 

Demandan ao Gobierno a aos palangreiros que cheguen a un acordo para que se dé saída ao que xa está pescado e conxelado, como excepción, pero esixindo a donación e a distribución do pescado a comedores sociais para aliviar as colas interminabéis de xente directamente afectada pola crise económica. Mais, en ningún caso pode permitirse que se obteñan beneficios económicos de dito pescado.

Ecoloxistas en Acción recoñece que, de momento, non teñen datos sobre as 90 t acumuladas do ano pasado, e solicitan á ministra Ribera e ao ministro Planas que clarifiquen cal é a procedencia destas toneladas de marraxo. Sinalan que si estas toneladas sobrepasan a cuota que imposta para 2020, esos exemplares foron pescados fora da legalidade. Si, pola contra, foron pescados dentro da cuota imposta, sería unha autoridade científica do Estado quen tería proibido a súa comercialización (tal e como determina a lexislación) e polo tanto, a decisión de proibir a súa venda sería lexítima e en acordo co que recomendan os expertos. Sexa como fora, se si se permitira a súa su comercialización, estaríase fomentando a sobrepesca.

A organización ecoloxista aclara que no son alleos á crise social e económica que estamos vivindo, pero o Goberno non pode seguir ignorando as recomendacións científicas e teñen a obriga de cumprilos acordos internacionais así como coa Política Pesqueira Común.

Ecoloxistas en Acción Galiza xunto coa Responsable de Pesca da organización, aclaran que as poblaciones de marraxo azul (Isurus oxyrinchus) están en declive e a especie está considerada “en perigo” pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN). Por esta situación de vulnerabilidade da especie, en 2019 é incluida na apéndice II da Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres (coñecida como CITES), polo que a pesar de que se permite a súa captura (de forma limitada) para o 2020, a súa  comercialización é restrinxida, requerindo la autorización dunha Autoridade Científica do Estado para a súa exportación.

Segundo cifras do ICCAT (organización encargada de xestionar as poboacións de quenllas, túnidos e peixe espada), España pesca o 50% dos marraxos azuis que se pescan no stock do Atlántico Norte. No 2019 pescáronse 866 toneladas (35.000 exemplares) e xa no 2020, deuse unha cuota máxima de 350 toneladas para limitala súa sobrepesca. Afortunadamente, siguindo as recomendacións do ICCAT, o Ministerio de Transición Ecolóxica, co acordo do Ministerio de Agricultura e Pesca, estableceu unha cuota cero para o 2021. Esta é unha gran noticia, pero tal é o declive do stock, que aínda proibindo o total das súas capturas, non se prevé a súa  recuperación até 2045.

A semana pasada publicábase en Nature un estudo que establece unha diminución dun 71% de quenllas e raias dende 1970, coincidindo cunhas capturas comerciais que se teñen triplicado: 24 das 31 especies analizadas no estudo están en perigo de extinción, incluíndo ao marraxo azul. Los autores del estudio también señalan que la prohibición estricta de sus capturas es urgente para evitar el colapso de las poblaciones de tiburones, que son esenciales para mantener la salud de los ecosistemas marinos a largo plazo.

Cecilia del Castillo, responsable de Pesca de Ecologistas en Acción, declara que "es necesaria la adecuada coordinación entre los dos Ministerios así como la implementación de las medidas necesarias de selectividad para evitar que nos volvamos a encontrar con 90 t de pescado bloqueadas de una especie en peligro de extinción, que nunca deberían haber sido pescadas".

Demandan que no se desperdicien as 90t de sobrecuota de marraxo elaborado, pero que en ningún caso se permita a súa venda