Ecoloxistas en Acción | nota de prensa

2 de febreiro, Día Mundial dos Humidais

É necesario e urxente investir nos humidais para evitar a súa perda
2 de febreiro, Día Mundial dos Humidais
humidais
humidais

Ecoloxistas en Acción reclama alerta da situación crítica de conservación na que se atopan algúns dos humidais incluídos na lista de importancia internacional da Convención Ramsar e reclama ao goberno galego a investir nos humedais para garantir a súa conservación.

A organización ecoloxista insta ao Miterd a que cumpra o compromiso adquirido e que se inicie sen máis demora a actuación para recuperar a desaugada lagoa de Antela en Ourense.

O Día Mundial dos Humidais celébrase o 2 de febreiro desde hai 51 anos. En 1971 a cidade Iraniana de Ramsar 18 Estados asinaron a Convención sobre os Humidais, tratado pioneiro sobre a conservación e o uso sostible dos recursos naturais. Na edición de 2022 a Asemblea Xeral de Nacións Unidas comezou a incluílo entre os seus días internacionais.España ratificou o Convenio de Ramsar en 1982. Hai un total de 76 humidais Ramsar declarados en España, moitos dos cales tamén necesitan urxentemente medidas de conservación.

Os humidais son ecosistemas de importancia fundamental. Contribúen á preservación da biodiversidade, á mitigación do cambio climático e á adaptación ao mesmo. Incrementan a dispoñibilidade de auga doce e enriquecen as economías. A recuperación e conservación en estado favorable dos humidais constitúe un obxectivo prioritario das políticas europeas de biodiversidade. Pero, no mundo, a velocidade de perda de humidais é tres veces maior que a perda de bosques. Lamentablemente, tanto en Galicia, como no resto do estado, a situación é pouco halagüeña.

Das cinco zonas Ramsar en Galicia, tres atópanse na provincia da Coruña.  O choricero patinegro está extinguido como nidificante na lagoa e o areal de Valdoviño pola presenza constante de cans soltos.  As autoridades competentes miran para outro lado cando este ecosistema está ademais catalogado como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e Zona de especial protección para as aves.

Tamén se atopa ameazada a biodiversidade do Parque Nacional das Illas Atlánticas, a pesar de ser o único espazo natural galego que concentra seis das principais figuras de protección ambiental existentes. A proliferación da herba da Pampa, a cana, a uña de gato e a acacia son un grave problema que ameaza a flora autóctona. Ademais, segundo un recente informe estatal, un dos problemas principais é a presenza do visón americano (Neovison vison). En Ons e Cíes existen as maiores colonias de corvo mariñomoñudo  Phalancrocorax aristotelis) e de gaivota patiamarilla (Larus michahellis) da península Ibérica e ambas son vítimas deste voraz mamífero.

As turberas como as de Cruz do Bocelo (A Coruña) son sumidoiros de carbono vitais para a Terra, conforman uns ecosistemas vitais e sumamente poderosos, almacenan máis CO2 que todas as masas forestais da Terra. En España, a mellor representación de turberas está en Galicia. Mesmo, hai hábitats prioritarios da UE, en concreto as turbeiras de cobertura, que están sobre todo na serra Do Xistral, no norte de Lugo e na costa norte de Ferrol, que son case exclusivos de Galicia. A pesar da súa relevancia para frear o cambio climático, as turbeiras son dos ecosistemas máis ameazados do mundo e as administracións non se fai o suficiente para conservalos.

O complexo dunar de Corrubedo O parque Illas Atlánticas, a lagoa de Louro e o monte Pindo figuran entre os espazos protexidos máis afectados por especies invasoras, por verteduras contaminantes ou por urbanizacións de campos de golf ou apartamentos turísticos.

A extinta lagoa de Antela, un dos tres máis grandes do interior de España,  alcanzaba máis de 40 km de perímetro e ocupaba 4.000 hectáreas na chaira da comarca da Limia. Na época moderna houbo varios intentos no século  XIX, pero non foi ata a escura era franquista cando se consumou a  desecación. En 1956 o réxime franquista publicou unha lei que declaraba de “alto interese nacional” as obras de  desecación e a posterior concentración parcelaria e en 1958 comezaron as obras, que moi rapidamente fixeron desaparecer a lagoa. O desastre ecolóxico estaba servido, a  desecación eliminou unha parte moi importante da rica diversidade animal e vexetal do humidal carrexando efectos moi negativos sobre a calidade dos chans.

O pasado ano, nun día coma hoxe, o Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico anunciou a recuperación dunha parte da extinta lagoa de Antela en Ourense. Daquela Ecoloxistas en Acción realizara unha campaña para apremiar ao Miterd a acometer dita renaturalización. Sen embargo, pasado un ano, descoñecese tanto o alcance da actuación anunciada polo ministerio como a data de comezo.

Ecoloxistas en Acción agarda que o compromiso do Ministerio sexa consistente e leve a cabo de xeito ambicioso máis pronto que tarde. A actuación será beneficiosa para a comarca desde un punto de vista socio económico, pola necesidade de mellorar a calidade e cantidade das augas e, por suposto, para garantir un hábitat para a biodiversidade.

2 de febreiro, Día Mundial dos Humidais