Ecoloxistas en Acción | nota de prensa
FITUR 2023 | Ecoloxistas en Acción considera lamentable a certificación da Costa da Morte como destino turístico 'Starlight'
Como xa se fixo constar públicamente o pasado verán desde Ecoloxistas en Acción, aínda que a denominación de "Destino turístico Starlight" ten facetas positivas, as actuais condicións do ceo nocturno en moitos puntos dos concellos implicados dista moito de ser a ideal xerando ademáis un problema de moi difícil solución, dado que o cambio de normativa fomentada polo PP dende a Xunta e deseñada a medida das grandes corporacións enerxéticas concede un carácter supramunicipal aos proxectos eólicos de nova creación pasando por alto e sen nengún tipo de miramento tanto de intereses veciñais como ambientais.
Doutra banda, hai que sinalar que a normativa de seguridade aérea non deixa lugar a dúbidas, pois os parques eólicos deberán sinalizarse e iluminarse conforme ás directrices da "Guía de señalamiento e iluminación de turbinas y parques eólicos", elaboradas pola Agencia Española de Seguridad Aérea (AESA), e dacordo a este documento serán susceptibles de incorporar iluminación nocturna aqueles proxectos cuxos elementos teñan unha altura superior aos 100 metros en todo o territorio nacional situados sobre planicies ou partes prominentes do terreo ou nivel do mar dentro de augas xurisdiccionais.
Tendo estes factores en conta e os numerosos proxectos eólicos que atenazan o territorio da Costa da Morte, que en todos os casos incorporan alturas en punta de pa superiores aos 150 metros e noutros moitos alcanzan ou superan os 200, isto supón de maneira automática e en función da normativa vixente a incorporación obrigatoria de iluminación aos aeroxeradores, o que afecta gravemente á liña base do horizonte nocturno causando un efecto distractivo e de molestia no observador que dificulta non só o disfrute do ceo senón a realización doutras disciplinas como a astrofotografía, que necesita ceos nas mellores condicións de escuridade posible.
Resulta imperdoable que a Fundación Starlight non valorase o prexuizo evidente da contaminación lumínica na liña do horizonte e olvide, xa sexa por desidia ou descoñecemento, que as condicións anteriormente mencionada obrigan a que a iluminación dos aeroxeradores se instale en todos os casos na parte superior da góndola, incorporando ademáis outros elementos luminosos na torre a distintos niveis.
É por todos estes motivos que a entrega do selo 'Starlight' á Costa da Morte nestas condicións só pode calificarse de irracional, máis centrado no interés persoal e comercial de algúns que en examinar a realidade e poñer solución aos problemas, que neste caso non só pasa por cambiar o pésimo alumbrado público que xa se contempla, senón por modificar por completo o sistema de implantación de proxectos eólicos no territorio e o establecemento dun novo plan sectorial que sexa respectuoso non só coas poboacións afectadas, a paisaxe e a biodiversidade, senón coas condicións do propio ceo nocturno.
Neste sentido, Ecoloxistas en Acción demanda un ceo nocturno libre de contaminación lumínica que permita a observación directa da bóveda celeste nas mellores condicións posibles e que sexa compatible coa "Declaración sobre a defensa do ceo nocturno e o dereito á luz das estrelas" ("Declaración da Palma"), algo que a día de hoxe non sucede.