Plataforma veciñal Cornado Mina Non | nota de prensa

O maior desastre ambiental de Galicia confirma que a promesa de restauración de Cobre San Rafael para a zona afectada pola mina de Touro non é algo real

O denominado lugar do Portaguzo, situado no tramo medio do río Portapego, alberga a paraxe máis contaminada existente a día de hoxe a nivel galego co acúmulo de milleiros de toneladas de depósitos de sedimentación de lodos toxicos de mina cun grosor que nalgúns puntos alcanza varios metros de profundidade.
O maior desastre ambiental de Galicia confirma que a promesa de restauración de Cobre San Rafael para a zona afectada pola mina de Touro non é algo real
Lugar do Portaguzo
Lugar do Portaguzo

En toda a documentación presentada durante estes anos durante proceso de tramitación de Cobre San Rafael para levar adiante a reapertura da explotación de Touro e nos últimos anuncios feitos pola empresa de presunta “depuración” das augas coa instalación de dúas plantas de tratamento non hai un só indicio por parte da filial de Atalaya Mining e Explotaciones Gallegas que invite a pensar que se vai facer cargo desta desfeita ambiental que non só afecta a este sector do Portapego senón a ducias de quilómetros doutros regos e ríos da bisbarra que derivan finalmente na bacia do Ulla.

EXERCICIO DE “MINERÍA PARA INCAUTOS”

Ao final, o anuncio da empresa supón un exercicio de “minería para incautos” dado que ao atoparse fóra do contexto da mina histórica e da propia concesión o suposto “novo” proxecto de Cobre San Rafael non contempla -nin contemplará- restauración algunha para a inmensa afectación superficial e subterránea da actividade metalífera previa.

Doutra banda, a lexislación indica que a restauración non ten que ser consecuencia do desenvolvemento dun novo proxecto como pretende agora a mineira, senón que a Administración ten que velar polo cumplimento da normativa aplicable, que neste caso indica de maneira clara que o adecuamento ambiental ten que ter un carácter previo e debe solventarse por parte da actual propietaria da concesión, algo que Explotaciones Gallegas está a obviar ao longo das últimas tres décadas. 

Neste punto é necesario considerar, ademáis, a operativa que está a seguir Atalaya Mining no seu proxecto andaluz de Riotinto, que acumula expedientes sancionadores, escándalos internos, altos niveis de sinistralidade laboral e incumprimentos en materia ambiental, o que levou mesmo á Fiscalía a actuar de oficio, poñendo así en cuestión calquera tipo de promesa que alén da propaganda ou a publicidade pagada poda facer a mineira para sacar adiante o seu negocio.

O maior desastre ambiental de Galicia confirma que a promesa de restauración de Cobre San Rafael para a zona afectada pola mina de Touro non é algo real