medio ambiente

Manifestación de Eólica Así Non contra o novo golpe lexislativo do PP

A Coordinadora "Eólica Así Non" reuniu centos de persoas diante do Parlamento de Galiza para rexeitar as recentes propostas do PP, alegando que entregan os recursos naturais do país ás eléctricas e mineiras, violando a preservación ambiental e os dereitos cidadáns.
Manifestación de Eólica Así Non contra o novo golpe lexislativo do PP
EolicaAsiNon_Parlamento_3
EolicaAsiNon_Parlamento_3

Centos de manifestantes, convocados pola Coordinadora "Eólica Así Non", reuníronse diante do Parlamento de Galiza para expresar o seu rexeitamento ás últimas propostas lexislativas do Partido Popular. Estas medidas, presentadas no marco da Lei de Acompañamento dos Orzamentos de 2024, buscan declarar os proxectos eólicos como de "interese público superior" desde decembro de 2022, nun intento de sortear sentenzas xudiciais que paralizan proxectos eólicos ilegais e entregan os recursos naturais do país a empresas privadas.

EolicaAsiNon_Parlamento_2
EolicaAsiNon_Parlamento_2

Mentres o Parlamento debatía esta proposta, os participantes da manifestación berreaban "as leis do Capital non son de interese xeral", acusando o PP de prevaricación e de promover leis que recortan dereitos sociais e participativos, facilitando a destrución do patrimonio ambiental e cultural de Galiza. A declaración de "interese público superior" dos proxectos eólicos relega a avaliación ambiental á cidadanía, deixando á Xunta sen a súa responsabilidade fiscalizadora.

Simultaneamente, o anteproxecto da "Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan recursos naturais de Galiza" está en avaliación no Consello Económico e Social. Esta lei, impulsada polo PP, busca facilitar a explotación privada dos recursos naturais galegos e reforzar o carácter privado destes recursos, dificultando o control público e encubrindo o espolio do país.

A Coordinadora "Eólica Así Non" expresou a súa confianza na mobilización social, no control cidadán do poder público e na independencia xudicial para frear estas reformas lexislativas que, segundo a coordinadora, revelan o servizo do goberno do PP aos intereses do capital privado.

Manifestación de Eólica Así Non contra o novo golpe lexislativo do PP