Ecoloxistas en acción | nota de prensa

Mobilizacións en seis ciudades costeiras contra a volta do turismo de megacruceiros e as ampliacións dos seus portos

Barcelona, Palma, Valéncia,  Tarragona, A Coruña e Vigo protagonizaron mobilizacións cidadás baixo o lema #StopCruceiros para pedir ao Goberno español que reactive a restricción aos cruceiros e paralice as ampliacións dos seus portos por razón sanitarias, de protección á saúde pública e en cumprimento dos compromisos climáticos.

Mobilizacións en seis ciudades costeiras contra a volta do turismo de megacruceiros e as ampliacións dos seus portos
Mobilización contra o turismo de megacruceiros
Mobilización contra o turismo de megacruceiros

España é o segundo país europeo con máis emisións de gases de efecto invernadoiro procedente dos barcos e o primeiro máis contaminado por cruceiros ate que o sector cesou a súa actividade pola pandemia en 2020.

En 2019, 11 millóns de cruceiristas chegaron a bordo de 4.236 cruceiros ao Estado español, concentrándose especialmente nas principais ciudades da costa mediterránea e de Canarias. Ate que cesou a súa actividade pola pandemia en 2020, España era o segundo país europeo con máis emisións de efecto invernadoiro procedente dos barcos e o primeiro máis contaminado por cruceiros. En A Coruña o tráfico dos cruceiros supoñen un 12% do tráfico portuario, pero son responsables das emisións de 34% do CO2, do 34% do SO2 ou do 59% de emisións de partículas PM10. Estas son algunas das razón polas que a poboación de seis ciudades costeiras saíron esta mañá á rúa a dicir # StopCruceiros.

Ante a recente resolución do Goberno central que levantou o veto aos cruceiros desde o 7 de xuño, as organización convocantes, saíron á rúa de Barcelona, Palma, Valencia, Tarragona, A Coruña e Vigo para pedir ao Goberno que rectifique e manteña a restrición por razón sanitarias, de protección á saúde pública e en cumprimento das obrigas climáticas.

As organización veciñais, sociais e ambientais consideran que o turismo de masas, e especialmente o de cruceiros, constitúe un elemento de alto risco para a propagación e os gromos da COVID-19. Así mesmo piden ao Goberno central que actúe sobre o sector coa mesma determinación que o fixo a raíz da crise sanitaria do coroavirus, “para facer fronte á pandemia de contaminación que sofre a poboación directamente exposta ás emisións dos megacruceiros e á emerxencia climática”

Segundo os datos, a actividade dos cruceiros resulta incompatible coa protección do clima, a saúde e o medioambiente. Trátase dun turismo de masas de altas emisións contaminantes (CO2, carbono negro, SOx, NOx e partículas ultrafinas ) e extractivista No uso intensivo de recursos naturais, que xera enormes desigualdades e impactos sobre as poboacións destinatarias e sobre os ecosistemas marinos.

As Organizacións denuncian tamén “ A operación de maquillaxe verde dos cruceiros e os portos con falsas solucións tecnolóxicas como o gas natural licuado, o biometano ou o hidróxeno verde, que ademáis de ser inviables, terían enormes impactos climáticos, sociais e ecolóxicos.

Asemade, nas mobilizacións cidadás ínstanse tamén ás administración autonómicas e locais a situarse ao lado da cidadanía e o interés común, en virtude das súas competencias sobre medioambiente, saúde e turismo, utilizando todos os medios ao seu alcance para oporse ás ampliacións portuarias e ao turismo de cruceiros nas nosas ciudades. 

Ao mesmo tempo, as organizacións fan un chamamento especial á cidadanía para que tomen conciencia dos impactos do turismo de cruceiros e en xeral do turismo de masas, centrado na hipermobilidade. Non só por constituir un elemento de risco para a propagación e os gromos da COVID-19, senón tamén polos impactos irreversibles sobre a nosa saúde e a do territorio. No seu lugar, propoñen un tipo de vacacións cercanas, de baixo impacto, que favoreza a economía local e sexan respectuosas co medio ambiente.

 O turismo de megracruceros e turismo de masas nun contexto de profunda crise ecosocial e enerxética, convértese nunha actividade sen sentido. Só favorece aos catro oligopolios que controlan o mercado global que acumulan beneficios astronómicos cada ano á conta de evasión fiscal, a saúde, o planeta e a explotación laboral. Podemos cambiar a forma de facer as cousas. O impulso á economía local, a xeración de emprego digno e a sustentabilidade están no extremo oposto deste modelo. Por iso dicimos non aos cruceiros, non á ampliación dos portos, e si ao clima, a saúde e a vida”.

O turismo de cruceiros e ampliación de portos, en cifras:

 En 2019 encabezaron a lista de cruceiristas Barcelona e as Baleares, con 3,1 e 2,6 millóns de pasaxeiros; e as Palmas e Santa Cruz de Tenerife con 1,4 millóns e 1 millón de pasaxeiros respectivamente. Seguíronlles cidades como Cádiz e Málaga con máis de 470.000 cruceiristas e València, con 435.600. No caso de València proxéctase ademais a ampliación norte do porto para barcos contedores e unha nova terminal para cruceiros e ferries no peirao de Levante, xunto ao barrio de Nazaret.
O Porto de Barcelona acaba de outorgar unha concesión a MSC para construír unha nova terminal de megacruceros no peirao Adossat e o porto de Tarragona amplía o Moll de Baleares para albergar unha nova terminal de cruceiros.
A Coruña está situada a tan só 40 km do Corredor Marítimo de Fisterra, onde navegan 40.000 barcos anualmente, e expón ampliar as atracadas de cruceiros coa desafectación dos terreos portuarios pegados á cidade, o que incrementaría as emisións poñendo no alto risco a saúde da poboación..


Organizacións convocantes:

Plataforma Zeroport, Assemblea de Barris pel Decreixement Turístic, Ecologistes en Acció de Catalunya, Plataforma contra els Megacreuers de Palma,  GOB Mallorca, Terraferida, Comissió ciutat-port de València,  Ecologistes en Acció de Valencià, Ecoloxistas en Acción Galiza, Mar de Fábula, Amigas da Terra, Asociación pola Defensa da Ría de Vigo "Cies", Verdegaia, Ciutat per a qui l'habita, Plataforma per la Qualitat de l’Aire, Observatori DESC, Procés Constituent, Recuperem Marivent, Acció Ecologista Muntanyera, Plataforma Emergència Climàtica Pla de l’Estany, Anticapitalistes Catalunya, Fundació La Plana, Extinction Rebellion Barcelona, Palma XXI, Ateneu Independentista d'Hostafrancs - Espai Basset , Joventut x Clima - Fridays For Future Mallorca, Fridays for Future Barcelona, Associació Catalana d'Enginyeria Sense Fronteres, SODEPAU,  Associació Veïnades Canamunt-Ciutat Antiga, Federació d’Associacions de veïns de Palma, Associació Veïnal Coll Den Rabassa,Prou soroll, Entrepobles, ClimAcció, Fridays For Future València, Associació. Salut i Agroecología, Moviment per l'Aigua Pública i Democràtica, Greenpeace, Greenpeace Valencia, Solidaritat i Comunicació, Alba Sud, Associació veïnal de la Malva-rosa, Plataforma en defensa de la Barceloneta, Barceloneta diu prou, Assemblea 15M Sarrià - St. Gervasi, Aliança per l'Emergència Climàtica de València, La Garrofera, Assemblea Pel Clima Sant Cugat del Vallès, ATTAC-Catalunya,, Ateneu Lloseta, Consell Nacional de la Joventut de Catalunya, Xarxa per la Justícia Climàtica, Intersindical Valenciana, Federació d'Ensenyament de CCOO del País Valencià, Comissió d'Habitatge de la Barceloneta, Área de Pau i Solidaritat de EUIB, Rebel.lió o Extinció Balears, Volem Sencelles, Xarxa Municipalista Mallorca, Tanquem Cofrents, Perifèries, Partido Socialista libre federación Palma, Fem Sant Antoni, Candidatura d'Unitat Popular (CUP), Crida LGBTI, Asociación Cultural Olivereta Patraix (ACOPA), Podem València, Cooperativa de consumo La Seca, Federació d'Associacions Veïnals de Barcelona (FAVB), AV La Calatrava, Servei Civil Internacional de Catalunya, Avv Son Rapinya, Espai Feminista de Sants, Ecologistes en Acció de Tarragona, Fem Front al Turisme, Assemblea de Barri de Sants, Novact, AV La Calatrava, AVV Rei En Jaume (Alboraia), Sobrassada de Peix Manacor, Més País, Associació de Veïns i Comerciants Amics del Carme- València, NoToxicMenorca, EntreBarris. València, Associació de Veïns i Veïnes de Natzaret. València, Lafede.cat - Organitzacions per a la Justícia Global, Federació d’Associacions Veinals de València, Mallorca Sostenible, Associació veïnal el palmar València, Anticapitalistes Illes Balears ,Plataforma defensa ría de Vigo, Verdegaia, Greenpeace Galiza, Mar de Fábula, Ecoloxistas en Acción Galiza.

Mobilizacións en seis ciudades costeiras contra a volta do turismo de megacruceiros e as ampliacións dos seus portos