Oscurantismo da Xunta na concesión mineira Alberta I
A Xunta de Galicia, en concreto a Consellería de Economía, Empresa e Innovación, ven de denegar a Ecoloxistas en Acción o seu dereito a personarse no procedemento da concesión de explotación mineira ALBERTA I.
Ecoloxistas en Acción Galicia denuncia que está decisión non se axusta a dereito e entende que está motivada para impedir que a organización ecoloxistas poida intervir e obter documentación do procedemento.
Ecoloxistas en Acción tramitou un Recurso de Alzada contra a resolución de non recoñecemento da condición de interesada no procedemento da concesión de explotación. De non corrixirse está situación a organización ecoloxista acudirá aos tribunais ante o que considera unha malintencionada vulneración da legalidade.
Ecoloxistas en Acción Galicia denunciou en agosto deste ano a intención da Xunta de Galicia de outorgar a concesión da explotación e aprobar os proxectos de minería de litio e tántalo nos concellos de Beariz, Avión e Forcarei sen procedemento de evaluación de impacto ambiental cando nesta explotación súbterranea se dan todas e cada unha das circunstancias que obrigan a realizar dita evaluación. A organización ecoloxista galega ademais apercibiu á Xefa do Servizo de Enerxía e Minas e ao Xefe da Sección de Avaliación Ambiental para que rectificaran o seu informe e engadiran a esixencia da realización do procedimento de evaluación de impacto ambiental.
A Concesión de Explotación actualmente en tramitación ALBERTA I, 1ª fracción, actualmente en tramitación, afectaría a unha superficie de 60 cuadrículas mineiras (1.500 hectáreas), incluindo como zona de explotación inicial unha zona denominada “Coto Tocayo” situada nas proximidades dos lugares de Doade, Acevedo e Rubillón, na provincia de Ourense, e que continuaría cunha serie de minas ao longo de máis de 20 km entre Cerdedo e Avión, entre as provincias de Ourense e Pontevedra. O proxecto actual conta cun informe desfavorable da Comisaría de Augas da Confederación Hidrógráfica Miño-Sil, polo risco de afección ás masas de auga con metais pesados, e na anterior tentativa de tramitación (en 2013/14) xa alertaran tanto a Sociedade Galega de Historia Natural como o Instituto Xeológico e Mineiro de España das potenciais afección por presenza de minerais radioactivos e por contaminación con metais pesados. Ademais no actual procedemento de concesión estanse soslaiando os riscos por explotación de minerais radioactivos, por subsidencia de núcleos a menos de 1 kilómetro e pola producción de augas ácidas.
Ante esta situación, Ecoloxistas en Acción solicitou o 30 de xullo de 2020 a personación no procedemento da concesión de explotación mineira. Nembargantes no 14 de setembro de 2020 o Xefe Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Ourense dictou resolución para “Denegar a solicitude formulada pola asociación Ecoloxistas en Acción Galiza sobre declaración da devandita asociación como interesada no procedemento de pase a concesión do permiso de investigación Nº 4966.1 “ALBERTA I, 1ª fracción”
Ecoloxistas en Acción está lexitimada para estar personada no procedemento de pase a concesión de explotación de referencia, ao actuar na defensa do interese público da protección do medio ambiente, de conformidade coa Lei 27/2006, de 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente (en adiante, Lei 27/2006). O dereito de participación pública en materia de medio ambiente, inclúe o dereito á personación nos procedementos relativos a proxectos que poidan causar un impacto significativo sobre o ambiente.
Esta denegación do dereito a personarse no procedemento de referencia supón unha vulneración dunha norma que está triplemente definida, tanto no dereito español con rango de lei estatal de obrigado cumprimento no reino de España, como no dereito comunitario con rango de directiva europea de obrigado cumprimento en todo o territorio da UE, como no dereito internacional mediante convenio internacional, polo que no dereito español o Convenio de Aarhus ten rango superior ao rango de lei ordinaria equivalente ao rango da Constitución Española segundo a mesma.