Ecoloxistas en Acción | nota de prensa

Palestra A Limia non atura máis xurros

O martes 15 ás 19 h celébrase unha palestra sobre a situación de desatre ambiental na comarca da Limia polas verteduras de xurros provocadas pola industria cárnica que proliferou sen control na zona

Palestra A Limia non atura máis xurros
A Limia non atura mais xurros
A Limia non atura mais xurros
  • A palestra estará protagonizada por Manoel Santos de Greenpeace, Serafín González da Sociedade Galega de Historia Natural e Montse Valencia de Ecoloxistas en Acción e Alba Pazos da plataforma local Auga limpa Xa. Antes se mostrara a video entrevista a Manuel García, activista ecoloxista membro do Movemento Ecoloxista da Limia.
  • A palestra será emitida en directo pola canle de youtube: https://www.youtube.com/watch?v=-UY3VAnbLBo&feature=youtu.be

O 14 de agosto do 2011, máis dun cento de veciños e veciñas procedentes de varias aldeas afectadas pola contaminación das Conchas, concentrábanse para protestar pola situación do encoro e por non obtér resposta das administracións durantes varios meses. Foi o 17 de maio dese ano cando as augas do Limia, río abaixo, tínguense de verde: son as cianobacterias que proliferan pola eutrofización producindo substancias tóxicas e velenosas.



A orixe da contaminación está na nula xestión dos purÍns dunha das grandes empresas cárnicas situada en Xinzo de Limia, que fai verteduras de forma impune desde hai moitos anos sen que as distintas administracións competentes, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e as Consellerías de Medio Ambiente, Rural ou Sanidade, freen unha situación que pon en grave risco a conservación do medio ambiente e a saúde das persoas.

Os resultados das análises das augas realizados por expertos da Universidade Complutense de Madrid, arroxan datos claros sobre o perigo que supoñen estas augas tanto para o baño, como para o consumo que viñan facendo os animais. Tamén se detectaron falta de aves e doutras especies que  desapareceron debido á gravidade dos feitos. Comeza aquí un periplo social. A responsabilidade ambiental e o coidado da saúde das persoas volve recaer en movementos sociais e veciñais que esixen o esclarecemento dos feitos e a búsqueda de solucións.

Diversas entidades ecoloxistas galegas tramitarán numerosas denuncias, facéndose eco da situación, mantendo xuntanzas, estudando datos e presentando alegacións. Outras veciñas e veciños farán o propio a través de plataformas constituidas para reivindicar a protección da Limia e para lembrarlles ás institucións públicas que o Xurés non é a cloaca onde rematan os xurros non xestionados dunha das empresas cárnicas máis importantes a nivel internacional e cunha facturación anual superior aos 1000M de euros. A falta de responsabilidade sobre as repercusións e afecións do seu negocio  acabará coa biodiversidade, co asentamento de familias no rural e cunha das principais actividades económicas da Baixa Limia como é o turismo.

A pasividade e inoperancia das distintas administracións promoveron a creación, de xeito urxente, da plataforma Auga Limpa XA, da que forman parte colectivos locais como o Movemento Ecoloxista da Limia. A este colectivo pertence Manuel García, labrego ecolóxico que confrontou as prácticas impunes da empresa e que foi denunciado pola mesma solicitándolle a Manuel 1 millón de euros en concepto indemnizatorio. Serán as administracións o suficientemente valentes para pór fin a diversas prácticas irregulares?

Palestra A Limia non atura máis xurros