Salvemos Cabana | nota de prensa

O Parque do Megalitismo da Costa da Morte non é compatible coa proliferación de parques eólicos na fachada atlántica do noroeste peninsular

Ata 22 proxectos de compañías enerxéticas, que se suman aos 24 xa operativos na zona -que xa conta con máis de 200 MW instalados-, ameazan a supervivencia da paisaxe e afectan de maneira directa ou indirecta a numerosos xacementos arqueolóxicos, moitos dos cales nin tan sequera foron estudados nin postos en valor froito do olvido municipal e o desinterés dos rexedores de quenda.
O Parque do Megalitismo da Costa da Morte non é compatible coa proliferación de parques eólicos na fachada atlántica do noroeste peninsular
Dolmen de Dombate
Dolmen de Dombate
20 de xuño de 2021.- Nese contexto, a Deputación coruñesa e algúns concellos pretenden impulsar o Parque do Megalitismo sen ter en conta que o contexto referencia a nivel paisaxístico é fundamental tanto a nivel particular como xeral, dado que a implantación nun territorio de ducias de aeroxeradores e as súas infraestruturas asociadas como tendidos eléctricos, torres meteorolóxicas e subestacións terán un impacto irreparable sobre a Costa da Morte.

Doutra banda, mentres esta leva camiño de ser unha realidade a futuro, resulta chocante ver como se promocionan determinados bens culturais en prexuizo de moitos outros xacementos arqueolóxicos que sufren en montes e cunetas un histórico abandono por parque de quenes teñen a obriga de velar pola súa defensa e protección e que, froito do seu desinterés e ignorancia, sufren un progresivo deterioro que a día de hoxe supón unha perda irreparable para o patrimonio cultural de Galicia.

A TURISTIFICACIÓN, UNHA AMEAZA PARA O TERRITORIO E A CULTURA

Neste senso, resulta erróneo o enfoque que determinados deputados provinciais lle están a dar á proposta do Parque do Megalitismo, algo que pode chegar a converter os xacementos neolíticos da Costa da Morte en obxecto dunha turistificación sen precedentes que favorece a súa masificación e deterioro, non a súa posta en valor.

O mellor exemplo disto é o que está a acontecer no Dolmen de Dombate, que actualmente é o espello no que non debería mirarse o proxecto onde o monumento, froito dunha pésima xestión que xa ven arrastrándose dende fai décadas, foi totalmente descontextualizado do seu valor prehistórico ao terse convertido a instalación nunha sorte de recinto ferial onde incluso chegaron a realizarse representacións circenses na área do Centro Arqueolóxico co beneplácito dos representantes provinciais Xosé Regueira Varela e Xosé Luís Penas Corral, que respectivamente ocupan dende o BNG as áreas de Cultura e Patrimonio e non deixan de ser cargos públicos suxeitos ao escrutinio popular da cidadanía.

Como ven denunciando dende fai anos a entidade, a turistificación dos bens culturais, actualmente coñecida como "Síndrome de Venecia" é o camiño ao erro. Porque non se trata nin do abandono de antes ni da esaxeración de agora, senón dunha actuación sensata e comedida que permita un aproveitamento racional dun legado que pertence no seu conxunto a toda a sociedade galega.

O Parque do Megalitismo da Costa da Morte non é compatible coa proliferación de parques eólicos na fachada atlántica do noroeste peninsular