Pleno municipal | Fridays for future | Nota de prensa

O pleno municipal rexeita a declaración ecoloxista

A Declaración de Emerxencia Climática presentada no Concello da Coruña pola Alianza pola Emerxencia Climática e asinada por mais de corenta colectivos ecoloxistas e de ámbito social ven de ser rexeitada no pleno por non contar con suficientes apoios.

O pleno municipal rexeita a declaración ecoloxista
ecologistas
ecologistas

A Coruña, 12 de setembro de 2019.- A Declaración de Emerxencia Climática presentada no Concello da Coruña pola Alianza
pola Emerxencia Climática e asinada por mais de corenta colectivos ecoloxistas e de ámbito social ven de ser rexeitada no pleno por non contar con suficientes apoios. Os grupos municipais de Marea Atlantica e Bloque Nacionalista Galego votaron a favor e o Partido Popular abstívose, mais Ciudadanos e PSOE votaron en contra, impedindo un resultado favorábel,

Fridays For Future, Extinction Rebellion e Ecoloxistas en Acción, as organizacións impulsoras deste manifesto na cidade mónstranse sorprendidas e indignadas polo resultado das votacións, especialmente despois de non teren gozado da oportunidade de debater o documento co grupo municipal socialista ante as constantes trabas para marcaren unha reunión. Así o expresaron dúas representantes de Fridays for Future que fixeron uso no pleno do escano cidadán.

A declaración constaba de cinco demandas: compromisos políticos vinculantes para garantir a redución dos gases de efecto invernadoiro a curto prazo, abandonar os combustibeis fósiles, avanzar na economía local e de proximidade, iniciar a adaptación dos municipios a crise climática e crear un mecanismo de toma de decisións cidadán con caracter vinculante con competencias en materia de vixilancia dos compromisos adquiridos. Este último punto foi o sinalado como conflitivo polo grupo socialista, algo que as organizacións asinantes consideran un argumento insuficiente para se opor á gravidade da situación que enfronta a cidadania da Coruña. Tamén consideran equivocada a postura que leva ao grupo socialista a considerar que "non se trata dun asunto local", porque a crise climática compete a toda a humanidade, incluidos os coruñeses e as coruñesas.

Todas as organizacións vinculadas coa Declaración de Emerxenda Climática continuarán a traballar pola súa aprobación, ao tempo que as súas impulsoras directas programan accións de concienciación e protesta para a folga a nivel internacional programada para a semana do 20 ao 27 de setembro e a Rebelión Internacional do 7 de outubro.

Fridays for FutureExtinction RebellionEcoloxistas en Acción

O pleno municipal rexeita a declaración ecoloxista