Ecoloxistas en Acción | nota de prensa
Solicitan a Augas de Galicia que elimine o salto de Ponte Inferno
Ecoloxistas en Acción Rías Baixas pide a Augas de Galicia que se resolva xa o expediente de extinción do aproveitamento hidroeléctrico de Ponte Inferno coa eliminación do obstáculo, tal e como se recomenda nun informe do propio organismo.
22 feb 2022
Ecoloxistas en Acción exerce como “acusación popular” nas Dilixencias Previas 466/19 que se dirimen no Xulgado de Instrución nº1 de Pontevedra, por presunto delito contra o medio ambiente cometido polas empresas concesionaria, Naturgy, e arrendataria, Elecdey.
En base á investigación do expediente de extinción e da información do proceso, a organización ecoloxista conclúe que a única saída administrativa a caducidade da concesión hidroeléctrica é a declaración da extinción aparellada coa restauración dos ecosistemas fluviais ao seu estado orixinal. Apuntan que unha resolución en sentido diferente á restauración da zona podería ser considerada como a emisión dun xuízo en contra da información que obra no expediente.
Indican que esta central hidroeléctrica leva máis de 100 anos degradando o río. Os últimos 30 incumprindo concesión e legalidade vixente de forma consentida por unha administración que non foi capaz de pór freo á desertización deste tramo fluvial do río Verdugo, e desde o 2017 ata abril do pasado ano, totalmente fora do prazo dá concesión.
A organización ecoloxista lamenta que xa en abril de 2021 podería terse comezado coa recuperación paulatina do río Verdugo con só abrir unha comporta de fondo no muro da presa como teñen recomendado. Esta comporta descargaría parte da carga de gravas que é retida por encima do obstáculo, axudando a conformarse o leito do río nos máis de 2 km de cauce agora “desertizado”.
Ecoloxistas en Acción anuncia que estará pendente de que Augas de Galicia resolva o expediente en prazo e non suceda como no anterior expediente no que o organismo de augas deixou caducar a tramitación sen resolvelo. Advirten ademais que de volver a suceder isto, emprenderían accións legais contra Augas de Galicia por deixamento administrativo.