Acampa pola paz e o dereito a refuxio

O BNG participa en Acampa pola paz e o dereito ao refuxio

A organización nacionalista traslada os seus parabéns aos organizadores desta iniciativa que por segundo ano dá visibilidade á situación que se vive de cotiá nun campo de persoas refuxiadas desta volta coa temática do dereito ao refuxio por cambio climático

O BNG participa en Acampa pola paz e o dereito ao refuxio
O BNG en Acampa pola paz e o dereito a refuxio
O BNG en Acampa pola paz e o dereito a refuxio

 

  • O Bloque reclama a necesidade de reformular a política internacional ao entender que detrás do desde movemento migratorio existe unha política imperialista practicada polos países centrais da UE e polos EEUU e exixe unha nova orde internacional baseada no respecto polos dereitos dos pobos a vivir en paz
  • Montse Prado, deputada do BNG no Parlamento de Galiza, participou onte nun dos debates programados durante estes tres días de actividades

 

O BNG participa da iniciativa Acampa, que pretende dar visibilidade á situación que se vive de cotiá nun campo de persoas refuxiadas en Europa, desta volta, na súa segunda edición, centrarase no concepto de "refuxio por cambio climático”.

 

Deste xeito, a organización nacionalista, quere destacar o traballo das entidades que levaron este proxecto adiante,  unha iniciativa nacida do asociacionismo de base e de diversas organizacións que perseguen a defensa dos dereitos humanos e moi especialmente do dereito ao refuxio.

 

"O compromiso do BNG para coas persoas refuxiadas levounos a denunciar xa en máis dunha ocasión o trato inhumano e deleznábel das autoridades europeas nestes anos para con elas. Mesmo onte, a nosa compañeira Ana Miranda, deputada no Parlamento europeo, en sesión plenaria, denunciou a hipocrisía e a actitude de Europa a respecto da crise do barco Acuarius, chegando a manifestar que a propia cámara de representantes «estaba chea de xenófobos e racistas que non teñen humanidade», algo que quedou en evidencia tras a actitude do Goberno de Italia e doutros gobernos europeos negándose a acoller as persoas abandonadas a súa sorte no Acuarius”, sinala a portavoz no Concello da Coruña Avia Veira.

 

Neste sentido, a formación nacionalista lembra que os concellos galegos gobernados polo BNG foron os primeiros en se ofrecer a recoller ás persoas do Acuarius, en canto se tivo noticia que o Goberno de España puxo a disposición o porto de Valencia para o atraque do barco, do mesmo xeito que reclama a necesidade de reformular a política internacional ao entender que detrás do desde movemento migratorio existe unha política imperialista practicada polos países centrais da UE e polos EEUU e exixe unha nova orde internacional baseada no respecto polos dereitos dos pobos a vivir en paz

 

Así, o BNG fará parte do evento cunha carpa propia (a número 7, preto do Teatro Colón), que contará cunha pequena exposición sobre a situación dos refuxiados e as refuxiadas por cambio climático de nacións sen estado, achegando ao evento a súa visión internacionalista e antiimperialista..

 

Por último, o BNG tamén participará nun dos debates que se organiza durante estes 3 días coa presenza de Montse Prado, deputada do BNG no Parlamento de Galiza, que se desenvolverá hoxe mesmo a partir das 20.00 h..

 

O BNG participa en Acampa pola paz e o dereito ao refuxio