Encontro anual do Foro Galego de Inmigración
A Lei de Estranxeiría mata!, mudemos a lei
O Foro Galego da Inmigración,,convoca unha rolda de prensa informativa o sábado día 15 de Xuño ás 11:00h na Coruña, na Casa Museo Casares Quiroga (rúa Panadeiras nº12), no marco do seu Encontro Final 2019, no que presentará a proposta formal ao novo goberno español, unha vez que se constítua para que se produza un cambio substancial na Lei de Estranxeiría. Lei que segue a provocar a morte silenciosa e silenciada de moitas persoas.
14 jun 2019
O Encontro final do Foro Galego de Inmigración desenvolverase o 15 de xuño en A Coruña, na Casa Museo Casares Quiroga co seguinte Programa :
- 10:30-11:00h : Acollida perosas participantes no Encontro (procedentes de diferentes lugares de Galicia)
- 11:00h. Rolda de Prensa Informativa: Mudemos a lei de Estranxeiría.
- 11:15h: Palestra organizada por SOS RACISMO, A lei de Estranxeiría Mata! Coa participación de:
- Mohamad Said Ahmad,
- Zinthia Alvarez,
- Oluchi Onuegbo
Técnicas da organización SOS RACISMO GALICIA (que sufrirón e coñecen directamente as consecuencias da actual Lei de Estranxeiría)
- 13:30h: No Obélisco Acto público e perfomance, con lectura de Manifesto.
- 14:15h: Xantar compartido no Campo da Leña
- 16:00h: Espazo Asembleario do Foro Galego de Inmigración.