Diversidade cultural
ONG Viraventos: “Galicia xa é unha sociedade multirracial!
Desde la ONG Viraventos nos responden a nuestras preguntas
- ¿Qué es Viraventos?
- A ONG Viraventos é unha entidade sen ánimo de lucro que naceu no ano 2007, para dar acollida e orientación aos colectivos inmigrantes chegados a Galicia, porque cremos na igualdade entre tódalas persoas e culturas. Nestes 10 anos, traballamos para garantir a igualdade e a convivencia entre persoas con diversas orixes nacionais ou culturais. Fixémolo desde a reivindicación, a proximidade e o afecto por todas as identidades.
- ¿Que actividades tiene Viraventos?
- Viraventos ofrece diferentes servizos de apoio e orientación para a plena participación socio-laboral e educativa de menores de orixe inmigrante –os novos galegos e galegas-e as súas familias. Ademáis, realizamos campañas de sensibilización sobre a importancia da diversidade e a interculturalidade, do respecto e o diálogo entre culturas como contribución á cohesión social e ao desenvolvemento do noso país. Realizamos tamén accións reivindicativas que axuden a garantir a igualdade de dereitos e oportunidades entre tódalas persoas, independentemente do seu orixe nacional ou cultural.
- ¿Está sirviendo realmente la Renta Social Municipal para resolver las situaciones de exclusión?
- É certo que a RSM está a ser unha oportunidade para moitas persoas na cidade que están vendo cubertas as súas necesidades básicas, pero esto non garante que vaian a estar cubertas nun futuro. É dicir, estas situacións de vulnerabilidade persistirán se non existe unha vontade real de atopar fórmulas de fomento da empregabilidade destas persoas como tránsito de acceso a unha vida digna e de calidade.
- ¿Qué proyecto tenéis para este año?
- Ademáis doutros proxectos ou accións que xurdirán conforme vaia avanzando o ano. Estes son os programas e campañas anuais de Viraventos para o 2018:
- - XOGOTECA. Servizo de conciliación para mulleres en risco ou situación de exclusión social residentes na cidade da Coruña e na súa área metropolitana (atendendo aos criterios que se marcan na Lei 10/2013 do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia). Viraventos ofrece un servizo de apoio á conciliación para todas aquelas familias que o precisen, co obxecto de facilitar a realización de actividades formativas ou de busca de emprego. O servizo préstase por profesionais tituladas en educación infantil entre luns a venres, no domicilio do menor ou no espazo lúdico infantil-xogoteca dispoñible na sede de Viraventos. Aténdese preferentemente a persoas participantes en cursos de formación ou en itinerarios de orientación e inserción sociolaboral personalizada tanto de Viraventos como doutras entidades ou servizos sociais.
- - CORUÑA ACTIVA. Servizo para a inserción laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, residentes na Coruña ou na súa área metropolitana (atendendo aos criterios que se marcan na Lei 10/2013 do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia).
- - INSERTA CORUÑA. Servizo para a integración sociolaboral das persoas inmigrantes en situación ou risco de exclusión social, residentes na Coruña ou na súa área metropolitana (atendendo aos criterios que se marcan na Lei 10/2013 do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia). En ámbolos dous proxectos, desenvolvense unha serie de accións que parten da valoración previa das circunstancias persoais e laborais de cada persoa destinataria, identificando e potenciando as súas habilidades sociolaborais co obxecto de poñer ao seu alcance recursos formativos e de emprego. Un equipo de traballo realiza sesións de orientación, obradoiros prelaborais de capacitación profesional, mediacións empresariais, promove a participación das persoas usuarias en cursos de formación ocupacional e acompaña en todo o proceso de procura de emprego ata a súa inserción no mercado de traballo galego.
- - ACHEGA. Servizo de Mediación Intercultural Comunitaria. O proxecto Achega desenvolvense actuacións de mediación intercultural en tres ámbitos básicos de intervención: o socioeducativo, o ámbito da saúde comunitaria e o ámbito das relacións cidadás, en 3 barrios da cidade da Coruña (Agra do Orzán, Ventorrillo e Sagrada Familia).
- O proxecto ten carácter preventivo e as actuacións diríxense especialmente ao traballo coas familias de orixe migrante en colaboración coa administración pública local, e os/as profesionais que desenvolven o seu traballo nas mesmas.
- - MUNDO DE CORES. Proxecto para a prevención da discriminación e a promoción da diversidade cultural. Mundo de Cores é un conto infantil, editado e publicado por Viraventos no ano 2014, que conta en primeira persoa a historia de Diara, una meniña nacida entre Galicia e Senegal, que vive e desfruta da diversidade cultural na sua propia familia. Ademáis do conto que o poderás atopar en diferentes librarías e bibliotecas galegas, podes traballar cos recursos educativos da web www.mundodecores.org, como a publicación multimedia do conto infantil, traducido a 6 idiomas (galego, castelán, inglés, francés, árabe e wolof), vídeo e xogos interactivos sinxelos utilizando as diferentes personaxes do conto e diferentes recursos pedagóxicos para traballar na aula ou en familia. Ademáis realizamos contacontos e accións de sensibilización e educación intercultural en centros educativos o espazos públicos.
- - GALEG@S COMA TI, exposición fotográfica que pretende visibilizar a presencia das diferentes minorías étnicas que conviven en Galicia. A exposición consta de grandes e vistosos módulos que combinan fotografías nas que aparecen persoas de orixe inmigrantes xunto a persoas galegas de relevancia pública no ámbito cultural, en actitude de veciñanza e aprecio mutúo. As imaxes nas que participan entre outras persoas Antón Reixa, Susana Seivane ou Xose Manuel Gayoso, por exemplo, combínanse con mensaxes a favor da igualdade de dereitos e de oportunidades. Galeg@s coma ti, que xa visitou os concellos da Coruña, Oleiros, Ames, Cambre, Arteixo, Carballo, Teo e Lugo, este ano continuará o seu percorrido polos concellos galegos.
- - BENQUERENZA Proxecto de Intervención Socioducativa dirixido a nenas, nenos e adolescentes inmersos en procesos migratorios e ás súas familias. Os nenos, nenas e adolescentes participan en sesións de acompañamento ó estudo, obradoiros de habilidades sociais e intelixencia emocional e actividades de tempo de lecer. Ofrécese apoio e formación ás familias en habilidades marentais e parentais e mediación cos centros educativos do barrio do Agra do Orzán.
Tódalas actuacións e actividades promoven o enfoque de dereitos, a educación inclusiva, a participación real dos nenos, nenas e adolescentes e a promoción da protección e bo trato da infancia.
- Cuéntanos sobre Yarama África
- En setembro do 2015 abriuse a tenda solidaria Yarama África. Yarama Africa é un establecemento especializado na venda de artigos africanos e interculturais, dirixidos non só a diáspora africana, senón tamén a todalas persoas interesadas polas culturas e as tradicións africanas. En Yarama África podes atopar productos de alimentación (legumes, especias e condimentos, doces, bebidas…), cosmética e produtos especiais para pel e pelo afro, artesanía: artigos de ornamentación, bisutería, complementos; téxtil: wax (teas africanas), camisetas, bolsas de algodón: xoguetes didácticos de educación en valores; librería: Yarama é a primeira libraría galega especializada en África, poderás atopar literatura infantil, ensaio e novela de autores/as africanos, así como contos e libros de educación intercultural.
Pero Yarama África é tamén un centro de iniciativas culturais, un lugar de diálogo e encontro onde descubrir a orixinalidade dun continente asociado habitualmente coa pobreza e o conflito, e onde coñecer e compartir con esas outras culturas que xa enriquecen a realidade galega.
- ¿Detectáis comportamientos racistas en el barrio? ¿cuáles?
- Non podemos falar en Galicia da existencia de grupos organizados nin de persecucións ou agresións con motivacións claramente racistas (salvo feitos moi puntuais). Sen embargo, isto non quere decir que non exista racismo. Sí existe, e ademáis vai en aumento. Existe un racismo institucional que se amosa nas políticas do goberno, como a restricción á sanidade pública, a existencia dos CIE, as redadas policiais... E existe un racismo social, no día a día, na rúa, nos establecementos comerciais, na escola… que normalmente non é directo, senón indirecto e sutil, e que se esconde detrás de estereotipos, prexuizos, bromas, miradas… que pasan totalmente desapercividas aos ollos das persoas que non o sufren, pero que fan moito dano a algúns dos nosos veciños e veciñas con perfís étnicos racializados.
Existe un discurso público, sobre que as persoas inmigrantes son as causantes da crise, que se están aproveitando do noso suposto estado de benestar, que traen delincuencia, que nos están invadindo, (a pesar de que as cifras amosan todo o contrario). Está claro que ao goberno, nestes intres non lle interesa ter inmigrantes (todo o contrario ao que acontecía nos anos 2004-2005, cando o boom da construcción sí interesaba ter man de obra barata). E este discurso que nos fan chegar a través dos medios de comunicación, chega diariamente á sociedade, facendo que a día de hoxe a sociedade galega sexa moito máis racista que fai unhos anos. Cada vez o racismo está menos encuberto, fai 4 ou 5 anos, estaba moi mal visto ser racista, e quenes que o eran, limitaban o seu discurso entre os seus familiares ou persoas coñecidas. Hoxe a xente empeza a exprésalo en público. Loxicamente falar de racismo vai moi ligado a falar de inmigración. Pero temos que empezar a separar, ata cando unha persoa é inmigrante? Os fillos e fillas das persoas inmigrantes, nacidas en Galicia, seguen sendo inmigrantes? Galicia xa é unha sociedade multirracial, con nenos e nenas galegos, que naceron e se están a criar en Galicia, que son e se sinten galego/as.