Música

Novos proxectos e artistas de longa traxectoria xuntaránse na 2ª Feira da Música da Coruña

A República Musical Mardi Gras convoca ao Sector Musical da Coruña o domingo 19 no Garufa Club: 2ª Feira da Música da Coruña

Novos proxectos e artistas de longa traxectoria xuntaránse na 2ª Feira da Música da Coruña
Feira da música
Feira da música

Este domingo 19 de novembro a asociación cultural nada na pandemia, a República Musical Mardi Gras organiza a 2ª Feira da Música Coruñesa. Unha actividade que congregou na súa primeira edición a unha veintena de proxectos e que busca principalmente ter un espazo de conversa pausada na que compartir proxectos, coñecer xente e buscar sinerxias.

A inscrición é totalmente gratuita grazas ao apoio do Concello da Coruña e está enmarcado dentro do ciclo #CoruñaRepúblicaMusical. Para apuntarse hai que enviar un correo a [email protected]

A actividade será na sala Garufa Club e esta aberta de 12 a 15 e de 17 a 20 horas a toda persoa con curiosidade por saber o que se move dentro do mundillo musical coruñés no que conviven bandas moi novas con artistas de longa traxectoria. Tamén participan tendas de música, salas, escolas musicais, selos discográficos...

A  inscrición estará aberta ata o vernes ás 14 horas e non é preciso comprometerse a estar a xornada completa para participar.

Dentro do mesmo ciclo está tamén convocada unha Masterclass de Comunicación Audiovisual para artistas na que Lara Capeáns, realizadora de múltiples videoclips entre outros proxectos, impartirá unha formación práctica para que os proxectos teñan ferramentas para crear contido propio para redes de dúas horas, de 12 a 14 horas o sábado 25 de novembro. Para apuntarse tamén o correo é o mesmo sinalado anteriormente. O custe para as persoas non socias da República é de 12 euros.

Novos proxectos e artistas de longa traxectoria xuntaránse na 2ª Feira da Música da Coruña