Mobilidade

O Concello anuncia obras na rúa Páramo para despois do verán

A intervención nesta rúa foi unha das primeiras demandas da Marea da Agra que recollera hai máis de dous anos a petición dun grupo de comerciantes.

O Concello anuncia obras na rúa Páramo para despois do verán
Ferreiro en Vila de Negreira esta semana
Ferreiro en Vila de Negreira esta semana.

O alcalde, Xulio Ferreiro, estivo esta semana na Agra. Veu para comprobar o estado das obras de adecuación de firmes e beirarrúas no entorno de Vila de Negreira, obra rematada –e con cambios no mobiliario instalado inicialmente-, e na rúa Mera.

Aproveitou a visita para anunciar que pronto se acometerán novas intervencións no barrio, en concreto na rúa Páramo. Máis de dous anos e medio despois de que a Marea da Agra, en pleno proceso de formación da Marea Atlántica, a finais do 2014, recollera una demanda dos comerciantes da rúa, que tamén se queixaran nas páxinas de Entre Nós do estado de abandono das infraestruturas esenciais, para a mellora urxente da mobilidade na rúa.

A actuación, dixo o alcalde, iniciarase no prazo de dous meses no treito entre o cruce coas rúas Vila de Negreira e final da rúa Barcelona e o inicio de Canceliñas e que servirá para renovar os servizos e mellorar os espazos de estancia, a través dun investimento estimado en 273.000 euros. 


 

O Concello anuncia obras na rúa Páramo para despois do verán