Cortes de tráfico no viaduto

Desde mañá, 19 de febreiro, ata o 5 de marzo, realizaranse varias fases do comezo da demolición do viaduto da Rolda de Nelle e a reurbanización do cruzamento.

Cortes de tráfico no viaduto
Viaducto
Imaxe Google.

O Concello da Coruña informa na súa web dos cortes de tráfico que se levarán a cabo a partir de mañá, mércores 19, no cruzamento da Ronda de Nelle coa Avenida Fisterre como consecuencia do comezo das obras para eliminar o viaduto e reordenar este espazo.

As obras realizaranse en varias fases:

Do 19 ao 22 de febreiro con corte total de tráfico en ambos os sentidos do viaduto, e circulación alternativa polos laterais.

Do 22 ao 25 de febreiro con corte total do cruzamento, a Rolda de Nelle de saída desvíase cara á Vila de Cee e Gramela, a entrada cara a Vista Alegre e Fisterra. Para quen entra pola avda. de Fisterra o desvío é cara á San Sebastián, e para quen sae desvío por Eladio Rodríguez.

Os itinerarios de entrada e saída quedan cortados e sen alternativa de continuidade ou moi complicada, polo que se recomenda utilizar a Rolda de Outeiro, Paseo das Pontes e Agra do Orzán como mellores opcións. Tamén queda prohibido o tránsito peonil na zona de obras excepto para vivendas e locais. 

Do 25 de febreiro ao 5 de marzo corte total do viaduto da Rolda de Nelle, recupérase o tráfico pola avda. de Fisterra sen xiros, logo desta fase continúan os cortes na rolda de Nelle.

As obras obrigarán a desvíos de liñas de autobuses da Compañía de Tranvías.

A compañía explica nun comunicado os cambios nas liñas afectadas:

Liñas 6, 6A e 20

Entre os días 22 e 25 de febreiro, ambos inclusive, veranse afectadas as liñas 6-6A-22 en sentido saída da cidade, e 6-6A-20 en sentido entrada.

En sentido saída as liñas 6-6A-22 dende a avenida de Fisterra, 84 circularán polo Paseo das Pontes e Paseo de Rolda ata a glorieta da Rolda de Nelle con Vila de Negreira, continuando por Rolda de Nelle e desviándose por Agra do Orzán ata a Rolda de Outeiro, onde a liña 22 recupera o seu percorrido habitual e as 6-6A na avenida de Fisterra.

En sentido entrada á cidade (Praza de Pontevedra), as liñas 6-6A-20, dende a glorieta de Rolda de Outeiro con Av. de Fisterra, circularán por Rolda de Outeiro, Vila de Negreira, Paseo de Rolda e Paseo das Pontes para enlazar na Av. de Fisterra con seu percorrido habitual.

Liña 12

Desde o día 22 de febreiro e ata que a evolución das obras permita recuperar o percorrido habitual, a liña 12 en sentido Catro Camiños, desviarase dende Rolda de Nelle pola Agra do Orzán, Rolda de Outeiro e Av. de Arteixo, recuperando en Rolda de Nelle (Centro de Formación ABANCA) o seu percorrido habitual.

En sentido de circulación Os Rosales, dende Rolda de Nelle (Centro de Formación ABANCA) desviarase pola Av. de Arteixo, Rolda de Outeiro, Vila de Negreira e Rolda de Nelle/Gregorio Hernández, onde se reincorporará ao seu percorrido habitual.

En todos os casos faranse as paradas existentes nos itinerarios alternativos, coa excepción da liña 12, que non parará na Rolda de Outeiro, Vioño pola dificultade derivada de virar cara a Av. de Arteixo sentido Rolda de Nelle.

Cortes de tráfico no viaduto