Comunicado da Asociación Veciñal Agra
Deficiente servizo de Correos no barrio da Agra do Orzán
O recorte de persoal en Correos deteriora o servizo no barrio
Por acordo da Xunta Directiva da Asociación Veciñal “AGRA”, na súa reunión do 29 de xuño, fago público o seguinte:
1.-Que no mes de febreiro do presente ano, Correos acometeu un recorte de persoal na UNIDADE DE REPARTO 3 da Coruña. Unidade de reparto na que está incluído o noso barrio da Agra do Orzán e na que se eliminaron 6 POSTOS DE TRABALLO DE REPARTO A PÉ.
2.-Que directivos de Correos, postos en contacto con esta Asociación Veciñal, aseguráronnos que o servizo de reparto se reorganizaba e non ía ter ningún tipo de merma a respecto do que se viña facendo ata ese momento.
3.-Que feito un seguimento do reparto ao longo dos dous meses seguintes atopámonos cos seguintes datos, referidos ao noso barrio:
Nome da rúa |
Nº de veces que quedou sen reparto |
Rolda de Outeiro |
58 |
R/ Barcelona |
43 |
Praza de Comercio |
41 |
Rolda de Nelle |
38 |
R/Panamá |
51 |
Avda. de Fisterra |
28 |
R/Agra de Bragua |
27 |
R/Ramón María Aller |
26 |
R/Mosteiro de Toxos Outos |
24 |
R/Rodrigo A. de Santiago |
23 |
R/Teixeira de Pascoaes |
22 |
R/Mosteiro de Sobrado |
21 |
Avda. das Cunchiñas |
18 |
R/ Vila de Cee |
18 |
Rúa da Laracha |
18 |
R/Meira |
18 |
R/ Mosteiro de Caaveiro |
18 |
R/ Agra do Orzán |
11 |
R/ Alcalde Lens |
14 |
R/Andrés Gaos |
14 |
R/Páramo |
11 |
R/Almirante Mourelle |
10 |
R/Observatorio |
9 |
4.-Que houbo SEMANAS de febreiro nas que quedaron sen repartir máis de 6.000 cartas, 900 impresos e 200 certificados. SEMANAS de marzo con máis de 3.500 cartas sen repartir, 1.300 impresos e 1.300 certificados. SEMANAS de abril con máis de 10.000 cartas sen repartir, 300 impresos e 500 certificados.Cómpre facer constar que estes datos están recollidos como mostra e non reflicten a totalidade do reparto na unidade 3.
5.-Que segundo estes datos, podemos afirmar que o SERVIZO que está a prestar CORREOS no noso barrio é lamentábel e, o que é máis grave, non respecta a legalidade vixente.
En función do exposto:
1.-Queremos manifestar a nosa máis enérxica protesta polo DEFICIENTE SERVIZO DE CORREOS no barrio.
2.-Que nos sentimos enganados polos directivos que no seu día nos afirmaron que o servizo non se vería afectado polos cambios que se proxectaban.
3.-Que apoiamos as reivindicacións dos traballadores/as no camiño de recuperar a normalidade do reparto.
4.-Que esiximos que a frecuencia do servizo (5 días por semana, de luns a venres, en todo o territorio), segundo a legalidade vixente, se cumpra.
Ricardo Seixo Fernández, presidente da Asociación Veciñal Agra