FoliAgra

Mercado ecolóxico na FoliAgra

Festas da Agra do Orzán. 

Mercado ecolóxico na FoliAgra
Peio e o Presidente da Asociación Labrega Natura
Peio é o Presidente da Asociación Labrega Natura

Unha decena de postos con produtos Agricultura Ecolóxica estiveron esta mañá na Rúa Barcelona, con verduras frescas, marmeladas, piruletas artesanais e con produtos da Mariña Coruñesa; e artesáns de colgantes, bonecos, pulseiras. Alí déronse cita e atopámonos cun proxecto da Asociación Labrega Natura, impulsado por vinte dúas familias.

Falamos con Peio, presidente da Asociación interesándonos por este proxecto. Peio cóntanos que todos son Agricultores de proximidade, da provincia da Coruña. Comezaron co proxecto no ano 2015 co interese de vender os produtos que eles mesmos cultivan nas súas terras, produtos de calidade, de tempada e ecolóxicos. Aquí non hai intermediarios, son as colleitas de 22 familias que pon á venda para a veciñanza coruñesa.

A Xente mirando e comprando

Asociación Labrega Natura

"Somos unha asociación creada non 2015 por labregas e pequenos produtores artesanais dos concellos próximos á Coruña para promover mercados de venda directa produtor-consumidor na Coruña con criterios agroecolóxicos".

"Ao comprar os nosos produtos, estás comprando directamente ao produtor, axudando a unhas relacions de compravenda mais xustas. Estas comprando produtos saudables, sen venenos, nin transxénicos e con todas as súas propiedades. Tamén significa axudar a que as pequenas explotacións que coidamos a terra podamos seguir traballando dun xeito digno e integrado nun sistema de economía social".

As mans dos Artesanos

Asociación Labrega natura

Todos vos martes pola maña están non Mercado de San Agustin e a partir do 16 de xuño estarán tamén no Parque de Santa Margarida dende as 17:30 as nove.

Mermeladas, piruletas, etc. elaborados con productos da Mariña Coruñesa

Productos ecoloxicos, mermeladas e mais cousiñas

Verduras frescas da nosa terra


 

Mercado ecolóxico na FoliAgra