Asociación Veciñal da Agra do Orzán AGRA
Nova Xunta Directiva da Asociación Veciñal Agra: "Queremos o parque da Agra xa!"
15 mulleres forman a nova Directiva da Asociación Veciñal, Cultural, Deportiva e Recreativa do barrio Agra do Orzán, “AGRA”
O pasado 14 de marzo a asemblea da A.V. Agra, elixiu unha directiva integramente feminina. Tras a súa primeira reunión convocaron esta rolda de prensa.
A nova presidenta, María Gutiérrez Calvete presentou a nova directiva e os seus proxectos para este ano.
Hai unha liña de continuidade coa anterior Directiva. Como asociación veciñal reivindicamos melloras para o barrio, recollemos un estudo de como están as rúas, sobre limpeza, iluminación… e o mandamos ao Concello tódolos anos. Tamén estudamos como solucionar problemas que hai no barrio como son problemas de aparcamento, falta de zonas verdes… O Agra é un barrio moi conxestionado, e cando estudamos isto queremos falar co Concello para ver si é posible arranxar.
Parque da Agra xá!
A acción reivindicativa concreta á que nos imos a dedicar este ano é “Parque da Agra, xa!” Somos un dos barrios mais poboados da Coruña e non temos ningunha zona verde. É unha débeda que había xa con este barrio dende hai anos e queríamos ver agora si o que é o parque do Observatorio, aí se pode facer unha zona verde.
Para iso fixemos o calendario de este ano “inventariando zonas verdes da Agra do Orzán”, en plan irónico, porque precisamente, non hai zonas verdes. A de este mes é unha florería! Tamén imos poñer esta pancarta (Parque da Agra xa!) nun sitio visible, pode ser no Mercado das Conchiñas. Fixemos tamén un marca-páxinas, fixemos estes broches que queremos dar co logo “Parque da Agra xa!”
Actividades culturais
Ben, outra liña de esta asociación é a actividade cultural. Facemos actividades regulares ao longo do ano: música, canto, baile tradicional, música galega tradicional, presentamos libros, facemos unha actividade de recitado, facemos un parladoiro no que se debaten temas de actualidade, facemos a veces charlas sobre a nosa historia, a historia do noso pais... Destas actividades que facemos esta é a cuarta edición, un festival no mes de xuño que é o mes das festas do barrio, que se chama FoliAgra. En este festival pedimos axuda ao concello para contratar espectáculos de grupos musicais. Pero despois tamén ten unha parte de FoliAgra aberta, que é xente de barrio que queira cantar, recitar, bailar. É dicir, facemos un labor de axente dinamizador cultural de barrio.
Tamén nesta liña de Foliagra fomos ao Instituto da Agra e ao colexio Raquel Camacho para ver se querían facer un festival de ese tipo, coas cousas que queiran facer os nenos: pode ser dramatizar, pode ser recitar, pode ser cantar, pode ser facer vídeos... E despois imos falar co Concello para pedir una subvención para una actuación e para pedir tamén que se faga no Ágora.
Participación
Nos o que nos guía sempre, o que tentamos facer, é a participación da veciñanza. As reivindicacións que facemos son as reivindicacións nosas e súas,porque somos as veciñas e os veciños do Agra quen padecemos os problemas do barrio. E tamén as actividades son participativas, é decir, son as veciñas e os veciños do Agra quen baila, quen canta, quen recita, quen debate no parladoiro, e deles recollemos información de como están as rúas para presentar ao Concello.
En canto á organización da Asociación, aparte da Comisión Permanente (Presidenta, Vicepresidenta, Secretaria e Tesoureira), hai unha comisión de Cultura, outra de Urbanismo, outra de Asuntos Sociais e outra de Organización. E cada unha destas comisións vai ter autonomía para traballar con veciñas e con veciños do barrio nos seus temas concretos. Pretendemos meternos mais na veciñanza.
- ¿Por que unha directiva so de mulleres?
- Nesta asociación o feminismo é un tema transversal, está en todas as actividades que facemos e tamén é protagonista dalgúns debates, dalgunhas cousas que fixemos. Temos unha pancarta que fixemos para as manifestacións coa Marcha Mundial das Mulleres. Anteriormente fixemos o calendario de LilAgra sobre a violencia de xénero. Nos parladoiros saíron os temas dos ventres de alugueiro, da prostitución, temas polémicos de actualidade e, por desgracia, a violencia machista é un tema moi de actualidade. Digamos que o feminismo foi calando na asociación. Entón dixemos: “pois imos facer una Xunta Directiva con discriminación positiva”
- Este é un barrio con moita diversidade cultural ¿que tedes previsto o respecto?
- Fixemos algunha cousa. Tivemos un parladoiro sobre a inmigración Aquí hai xente de moitos países. E despois fixemos outro sobre a diversidade relixiosa. Neste barrio hai moitísimas igrexas, moitísimos credos. O que falabamos era o próximo ano, unha actividade concreta: o calendario do próximo ano facelo sobre familias mixtas, matrimonios de xente de distintos países, de distintas nacionalidades. Este local está aberto para todas a veciñanza. En este barrio a diversidade non é problema, o problema é coas dificultades económicas. Aínda así, neste barrio, receptor de tantas persoas, de tantas culturas diferentes, se convive moi ben. A diversidade no é problema, o problema é que non teñamos escolas infantís, que non teñamos centro de saúde, que non teñamos centros de atención para xente maior, a falta de espazos públicos, de espazos abertos... Queremos traballar para mesturarnos mais, para que no se formen guetos, e nos podamos entender. Porque hai certa inquietude ante a cultura que é distinta. Entón temos que ver como nos podemos entrelazar e como podemos entendernos para facer un barrio moito mais rico. Pero necesitamos espazos para a convivencia. O sitio que utilizábamos para as Festas do barrio, segundo a proposta que nos chegou, de reforma da praza das Conchiñas, van a ampliar a zona de xogos dos nenos e iso supón a perda do espazo para calquera outras actividades, entre elas a festa do barrio, ou exposicións, ou eventos tipo mercados.
Que por certo a Praza das Conchiñas quedou como praza por reivindicación da veciñanza, que quería zonas verdes...
Esta é a nova directiva:
- Presidenta: Mª Xosé Gutiérrez Calvete
- Vicepresidenta: Florinda Antelo Cambeiro
- Secretaria: Marisol Mirás Mouro
- Vicesecretaria: Julia Miguel López
- Tesoureira: Mª Jesús Piñeiro Lema
- Vogais:
- Mª Junquera Castreje Castreje
- Mª Cristina Díaz Mena
- Marisa Fernández Rodríguez
- Lorena Ferreiro Suárez
- María García García
- Ana Isabel Gravata Rodrigues Silva Ramos
- Gemma Milán Blanco
- Mª Oliva Prieto Romero
- Natalia San Vicente Pellicer
- Ermitas Valencia Romar