PÓDESE VOTAR ATA O DOMINGO 24 DE SETEMBRO

Orzamentos participativos: propostas para o Agra do Orzán

Tres millóns de euros do orzamento municipal decídense por votación popular. Tras a fase de recollida de propostas e información, a de apoios e a de avaliación, estamos na de votación final. Agora podes decidir co teu voto. Estas son as propostas para o barrio Agra do Orzán.

Orzamentos participativos: propostas para o Agra do Orzán
A Porta Aberta
A Porta Aberta

Aparcadoiros para bicicleta

O título xa o di todo.

Plantación duns 10 árbores nas beirarrúas de Alcalde Jaime Hervada

Plantación duns 10 árbores nas partes máis amplas e baleiras das beirarrúas de Alcalde Jaime Hervada.

Actualmente estes espazos están baleiros e desanxelados, e permitirían aumentar o número de árbores da cidade cunha pequena inversión.

Ampliación del número de árboles y zonas verdes en la zona del Agra del Orzán

El Agra del Orzán es uno de los barrios más densamente poblados de la ciudad pero seguramente el que menos árboles por persona presenta en la ciudad. Desde la plaza del Comercio a la plaza de las Conchiñas pasando por las avenida de Finisterre, Ronda de Nelle y Ronda de Outeiro, toda esa zona necesita urgentemente más árboles y espacios verdes.

Remodelacion praza das conchiñas

A miña proposta basease na recuperacion  do arborado da praza das conchiñas para que volte a ser      o pulmon verde que era antes. Ante as pocas arbores que hai no barrio, a remodelacion da praza so trouxo unha esplanada de cemento inmensa, sen verde e sen sombra. Penso que esta proposta adaptase perfectamente ao presuposto e é unha oportunidade de que a praza volte a ser o que era.

Prantación de árbores nas rúas

Plan integral de prantación de árbores nas rúas do distrito, priorizando as zonas sen parques.

Ampliación de beirarrúas en avenida das Conchiñas

Propoño a ampliación das beirarrúas na avenida das Conchiñas no treito comprendio entre a rúa Gramela e a praza do Comercio. As beirarrúas nestre treito son moi estreitas e apenas collen duas persoas á par. E unha rua moi transitada porque moita xente do Agra do Orzan utiliza esta rúa para baixar hacia a Ronda de Nelle e Paseo das Pontes. E unha rúa dun só sentido de circulación e abundan os coches en doble fila. Coido que ampliando as beirarruas e reducindo a calzada habería sitio dabondo para un sentido de circulación e tamén para que poidan estacionar os vehículos en ambalas duas marxes ou no pior dos casos nunha soa. Tamen estaría ben intentar poñer unhas árbores na intersección da rúa coa Gramela e coa praza do Comercio. E un treito de menos de 90 metros de longo e creo que non suporía un desembolso excesivo.

Mediana Ronda Outeiro Verde

Sendo o barrio do Agra do Orzán o mais populoso da cidade, è una magoa que no urbanismo destaque sobre todo cemento e mais cemento. Calquera se decata cando ao transitar pola Ronda de Outeiro chega ao barrio. Dende a Avenida Fisterra ata a rúa Manuel Deschamps, a mediana da Ronda deixa de estar axardinada para convertirse en mais cemento para colmo. Reflexo do propio barrio!

 

Axardinar a sua mediana conleva varias ventaxas: Humanizar o barrio e convertilo en menos agresivo para transeuntes na sua principal vía. Obstaculiza o transito indebido de peatóns pola mediana reducindo a probalidade de atropelos por cruzar indebidamente. Escaso gasto económico na obra. etc…

Colocación de mais árbores no parque Adolfo Suárez (Visma)

En todo este parque se plantaron poucos árbores (na miña opinión) e se necesitan para dar sombra e para que sexa,no futuro,o pulmón desta zona, actualmente con tanta densidade de tráfico. E si fora posible que sexan de folla caduca.

 

Podes votar en aportaaberta.coruna.es

Orzamentos participativos: propostas para o Agra do Orzán