Asociación Veciñal Agra

Taller "Como vivir a vellez hoxe. Alternativas para un bo envellecer" na asociación veciñal Agra

A médica Regina Basadre propón pensarmos xuntas/os alternativas para afrontarmos estes sentimentos, ofrecéndonos unha charla informativa e gratuíta sobre o taller: "Como vivir a vellez hoxe. Alternativas para un bo envellecer”, que será supervisado polo Centro Marie Langer.
Taller "Como vivir a vellez hoxe. Alternativas para un bo envellecer" na asociación veciñal Agra
taller
Taller Como vivir a vellez hoxe

A charla será o martes 29 de marzo ás 19:30 h. no local veciñal (rúa Entrepenas 38, soto)

Imos facer unha charla e un obradoiro moi recomendable para persoas maiores de 65 anos, homes e mulleres, que estean con pouco ánimo ou moita ansiedade por sentir cousas como estas:

"Parece que se es vella/o xa non vales"
"Se non fora pola miña muller…"
"Na casa sinto que son un estorbo"
"De coidar nunca te xubilas"

Aínda que a charla é gratuíta, as prazas son limitadas e precisa reserva de praza: pode inscribirse no local (rúa Entrepenas 38, de luns a venres, das 18 ás 20h) ou por teléfono: 981261044 e 604031338  indicando nome, apelidos, idade e un teléfono de contacto. por whatsapp e telegram, ou por correo electrónico: [email protected]

Taller "Como vivir a vellez hoxe. Alternativas para un bo envellecer" na asociación veciñal Agra