Axenda cultural
Actos puntuais mes de maio no Centro Cívico Os Mallos
Centro Cívico Os Mallos, Avda. Arteixo, 147 baixo, 15007 - A Coruña. Teléfono 981 184 365 [email protected]
O SON DA PRIMAVERA 2018 RECITAL DAS CORAIS DOS CENTROS CÍVICOS
MÉRCORES 2 DE MAIO ÁS 18:00 HORAS | SALÓN DE ACTOS C.C.M. OS MALLOS
ENTRADA GRATUITA CON INVITACIÓN | RETIRADA DE INVITACIÓNS NO CENTRO CÍVICO MUNICIPAL OS MALLOS
- Allegro ma non troppo, do Centro Cívico Municipal de Monelos
- Arumes, do Centro Cívico Municipal de Monte Alto
- Saraiba, do Centro Cívico Municipal dos Mallos
ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS 2018
ESPAZO DE ENCONTRO: CENTRO CÍVICO MUNICIPAL OS MALLOS | MÉRCORES 2 DE MAIO ÁS 19:00 HORAS
Encontro aberto á cidadanía, onde debater e achegar propostas (en todos os encontros hai reservada aula para o servizo de conciliación e servizo de interpretación de lingua de signos). Agardámoste!.
XÉNERO E DISCAPACIDADE
DÍAS 3, 7, 10, 14, 21, 24, 28 E 31 DE MAIO | PREVIA INSCRICIÓN.
Neste obradoiro, achegarémonos á dobre discriminación que sofren as mulleres con discapacidade e á problemática específica da violencia de xénero así coma á Normativa Europea sobre Discapacidade.
CHARLA MINDFULNESS
SÁBADO 5 DE MAIO ÁS 11:00 HORAS | ACTIVIDADE GRATUITA.PREVIA INSCRICIÓN EN RECEPCIÓN.
Manuel Burque achéganos, unha vez máis, ó mundo da meditación e ós beneficios que a súa práctica pode ter en todas as actividades da nosa vida. Non o perdas!
LA TROVA CORUÑESA CONCERTO SOLIDARIO
DOMINGO 6 DE MAIO ÁS 17.30 HORAS | SALÓN DE ACTOS C.C.M. OS MALLOS
MÚSICA POR ALIMENTOS: UNHA BOLSA=UNHA ENTRADA
A formación musical visítanos de novo para deleitarnos coa súa música nun concerto solidario en favor do Banco de Alimentos Rías Altas. Contamos contigo!
CHARLA E VISITA: PLANTAS QUE CHE COIDAN
MÉRCORES 23 DE MAIO. PREVIA INSCRICIÓN
Na nosa contorna podemos atopar unha gran diversidade de plantas con efectos beneficiosos para a nosa saúde e que poden formar parte da nosa dieta. Anímate a decubrilas!
MÁIS INFORMACIÓN EN RECEPCIÓN OU NO 981 184 364
DÍA DAS LETRAS GALEGAS PANEL CONMEMORATIVO
Ó longo do mes de maio estará exposto na planta baixa do centro para que poidamos coñecer os aspectos máis salientables da vida e obra de Mª Victoria Moreno, apaixoante e apaixoada escritora homenaxeada este ano para conmemorar a edición de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro o 17 de maio de 1863.