O sábado 7 de abril
Xornada gastronómica de alimentación saudable no mercado de Ramón Cabanillas
"Ven coñecer a importancia das compras na nosa alimentación. Faremos unha visita ao mercado, mercaremos os produtos necesarios e faremos un menú degustación entre todos e todas".
01 abr 2018
As Xornadas gastronómicas de alimentación saudable chegan aos Mallos. O vindeiro sábado 7 de abril celebrarase a xornada no mercado de Ramón Cabanillas na rúa Ramón Cabanillas s/n. Podes inscribirte no mesmo mercado. Aquí tes a folla de inscrición
Infórmate na conserxería do mercado.