Mobilidade

Comezan as obras para a reordenación no tráfico das rúas Río Tambre e Río Eume

Cancelarase o acceso a Río Tambre desde Juan Castro Mosquera cambiando o sentido da rúa Tambre á que se accederá desde a ronda de Nelle.

Comezan as obras para a reordenación no tráfico das rúas Río Tambre e Río Eume
Pla y Cancela e Río Tambre, desde a rúa Juan Castro Mosquera. Imaxe Google
Pla y Cancela e Río Tambre, desde a rúa Juan Castro Mosquera. Imaxe Google.

Hoxe mércores, entre as 09.00 e as 18.00 horas, procederase a realizar cortes puntuais de tráfico na zona das rúas Río Tambre e Río Eume, pero a Concellería de Mobilidade Sostible lembra que se permitirá o paso a residentes. Entre as 09.00 e as 093.0 horas, cortarase o tráfico de vehículos no viario de conexión de Ronda de Nelle coa avenida de Arteixo, no sentido entrada da cidade.

O ámbito no que se procederá a reordenar a circulación está delimitado polas rúas Pla y Cancela, ronda de Nelle, a avenida de Arteixo e a rúa Juan Castro Mosquera, un entorno constituído por vivendas unifamiliares de edificación de baixa altura de carácter residencial.

Segundo o Concello, a reordenación do tráfico incluirá a melloras do propio espazo público, coa resolución e reestruturación "máis amable", segundo cualifica o edil de Mobilidade, dos pasos peonís, e co aumento de orellas nas beirarrúas, "o que contribuirá á pacificación do tráfico na rúa". "A intervención suporá unha clara mellora na seguridade peonil, en particular no punto de incorporación á Ronda de Nelle desde Río Tambre, ao mellorar, coa ampliación da orella, as condicións de visibilidade para o peón", engadiu Díaz Grandío. As actuacións tamén van encamiñadas, tal e como confirmou o edil, a dar continuidade á rúa Río Eume entre a avenida de Arteixo e a rúa Río Tambre, e cancelar o acceso a río Tambre desde Juan Castro Mosquera cambiando o sentido da rúa Tambre á que se accederá desde a ronda de Nelle. 


 

Comezan as obras para a reordenación no tráfico das rúas Río Tambre e Río Eume