Entrevista a Xiao Varela, Concelleiro de Rexeneración Urbana
Xiao Varela: " Intentamos que o espazo público sexa o de mellor calidade posible para as relacións"
Hablar con Xiao Varela es entrar en contacto con la complejidad del urbanismo en la ciudad. La filosofía detrás de la planificación, los presupuestos, la tramitación, los concursos, la ejecución, el impacto sobre la opinión pública, la herencia recibida, los límites de la legislatura, las prioridades.... todo va quedando desgranado en una conversación compleja, pero cargada de intención de dejar un legado positivo para la convivencia humana en la ciudad.
- ¿Qué obras se han hecho y se están haciendo en Los Mallos?
- Nós estamos moi preocupados pola intervención nos barrios, en intentar resolver a demanda histórica, o desequilibrio histórico que os barrios da cidade teñen con respecto o centro. Temos, efectivamente, unha cidade moi diversa, o cal é unha grande riqueza que temos na Coruña, que foi bastante esquecida, bastante desatendida con respecto a intervencións faraónicas e co investimento no centro. Non só os barrios, os barrios obreiros, por exemplo O Castrillón, Agra, Montealto, Os Mallos, senón tamén os núcleos urbanos, os asentamentos precarios... Hai un montón de casos que demostran que naquilo que escapaba da Peixería e do Ensanche pois era máis difícil intervir.
Entón, dende que chegamos nos preocupamos por esa idea de intentar coidar a cidade, coidar os barrios. Aumentamos moito os contratos de mantemento do espazo público, que pasaron en estes dous anos e medio de 6 millóns de euros anuais (e aí está contido firmes, beirarrúas, pero tamén parques infantís, iluminación, saneamento...) pasamos de 6 millóns a 9 millóns, subimos un 30% eses contratos, e ademais estamos facendo moito investimento en rúas históricas, demandas históricas dos propios barrios e das asociacións veciñais. Con unha prioridade clara que é mellorar o espazo público, transformalo nun espazo máis confortable, con esta idea de "Coruña próxima" de cidade de proximidade que permita facer unha vida o mais plena posible no teu entorno inmediato. O cal ten dúas consecuencias directas, que é a mellora da cohesión social, porque no espazo público é onde a cidadanía se roza e onde se crean as relacións sociais; e por outro lado, o bo vivir, a non dependencia económica. E que quero dicir con isto? Por poñerte un exemplo moi claro: poder desprazarte a pé, ou por medios non mecanizados, non depender de un coche para facer a túa vida diaria, para poder ir ó mercado, que é unha das claves de noso proxecto político (os mercados como ágoras cidadáns) e poder facer unha vida plena no teu entorno inmediato; ter os teus equipamentos, os teus parques bio-saudables, parques infantís, etc. A nosa idea idea é unha cidade próxima, "paseable", etc.
Entón, se imos o caso concreto dos Mallos, porque este é un procedemento que se replica en todas as zonas da cidade, sumando con todas as súas demandas, e que fai que xa levemos máis de 300 intervencións de certo calado e que afectan a todos os barrios. Nós, a día de hoxe, as intervencións xa executadas nos Mallos rondan os 750.000 euros, e a previsión de intervención neste mandato supera o millón de euros a maiores, máis de un millón de euros, un millón novecentos mil euros, incluíndo un dos proxectos de mais empaque que vai a ser o do POS, o Plan de Obras e Servizos. Entón, as que están executadas a día de hoxe son obras de firme, como o de reforzo do pavimento da calzada da Avenida Sardiñeira, que foi unha das primeiras en executarse (marzo 2016, 143.000€); o desmonte da pasarela sobre a Avenida de Alfonso Molina, que foi por cuestións de seguridade (maio 2017); con esa foi relacionada a mellora de seguridade arredor do IES Fernando Wirtz, que se melloraron os pasos de peóns e as beirarrúas, que é un tipo de intervención que estamos repetindo en moitos dos centros escolares da cidade. Esa foi executada entre Agosto e Setembro de 2017 e tivo un importe de 45.000 euros.
E das que xa levamos executadas que xa están rematadas a que tivo mais empaque foi a renovación de pavimento de beirarrúas nas rúas Capitán Juan Varela e Monforte, que foron case 20.000 euros e se executaron en xullo e setembro de 2017. En todas as intervencións de mellora de beirarrúas o que intentamos sempre é garantir a accesibilidade universal do espazo público e introducir arborado e outros elementos de apoio como poden ser aparca-bicis ou fontes, intentando mellorar na medida do posible o espazo público, gañando pequenos lugares tamén cando é posible. En barrios tan densos como pode ser Os Mallos intentamos que a redución de prazas de aparcamento sexa a menor posible. Pero, entre o coche e o peón, sempre primamos o segundo porque todo o mundo ten pés, pero non todo o mundo ten coche. Nós intentamos que o espazo público sexa o de mellor calidade posible para as relacións.
En execución
En execución agora mesmo temos a re-urbanización da rúa San Vicente, entre Ramón Cabanillas e Ronda de Outeiro, que foi unha obra polémica cando arrancou. Eu recoñezo que por un déficit de programación pola nosa parte, porque estamos abordando moitas de este tipo, quizais non tan amplas como esta, noutros barrios, e ata agora non tivéramos ningún problema. Si recollemos o testigo cando os veciños nos alertaron, o día despois de que chamaran estabamos aí, e despois volvemos xa nunha reunión mais ampla na que recollemos as demandas dos comerciantes e volvemos sistematicamente esa semana co persoal da concellería e eu volvín a ir fai poucos días a facer un seguimento do que se estaba facendo. Esa obra, que intervén en toda a rúa, non só en beirarrúa senón tamén no firme, vai a ampliar beirarrúas, que tamén é unha constante, sempre que podemos ampliamos beirarrúas a costa do espazo para os coches; introducimos arborado: oito árbores de pequeno porte e se melloran os pasos de peóns... É unha obra que ronda os 290.000 euros. Recollemos a demanda dos veciños e comerciantes de intervir sobre a praza de San Vicente tamén, intentando facilitar a transición entre Ángel Senra e Ramón Cabanillas. E imos intervir tamén, xa con contrato de mantemento nesa praza por 55.000 euros durante este ano. Imos facer ademais que sexa consecutivo á obra de San Vicente. A obra terá un prazo de duración máximo de catro meses e esperamos que unha vez que remate, acto seguido empecemos coa praza. Toda esa zona, a petición dos veciños tamén, vai a ir en plataforma única, o que é a praza, a praza e o seu entorno, co cal aínda que os coches van a seguir pasando, vai quedar unha superficie moito mais axeitada para os tránsitos peonís.
Ademais de isto, e é algo que estamos abordando sistematicamente en toda a cidade, estamos intervindo sobre moitos pasos de peóns, case trescentos en toda a cidade, dos que trinta e seis son no barrio dos Mallos; dezaoito intervencións xa están executadas e outros dezaoito quedannos por executar. Isto é o que está o feito o executado.
Obras programadas
Ademais de isto temos toda unha serie de obras programadas das que as mais relevantes son a re-urbanización do treito da rúa Ramón Cabanillas entre a Avenida de Arteixo e a rúa Sofía Casanova, ese primeiro tramo de Ramón Cabanillas que lle vai a dar continuidade á intervención feita pola anterior corporación, do ascensor, e ao mesmo tempo imos abordar, porque cuadra coa filosofía que te comentaba de potenciación dos mercados; aí temos o mercado de Ramón Cabanillas, que para nós son equipamentos clave na cidade e teñen que ter un espazo público anexo de calidade, da maior calidade posible. Por tanto esta intervención, aínda que non elimina todas as prazas de aparcamento, si que elimina algunha no fronte directo do mercado, de maneira que fai unha pequena praza vinculada ao ascensor e ademais permite que haxa carga e descarga, que os vehículos podan, en horario de carga e descarga, operar mellor. A parte de isto, se fai unha re-pavimentación de toda a rúa, de todo ese treito, e se introduce mobiliario urbano, nova iluminación, etc. Esta intervención ten un orzamento de 179.000 euros.
Ademais, te diría, e eu creo que é unha intervención relevante para o barrio, como foi cando intervimos en Sagrada Familia, a mellora de firmes na Rolda de Outeiro entre a Avenida de Arteixo e a Avenida de Ferrocarril. Está en contratación. É un investimento previsto de 240.000 euros e como te digo está en contratación, eu imaxino que arrancará nesta primeira metade do ano. Ademais de mellorar o firme, o que estamos facendo con este tipo de intervencións, e te poño o exemplo do treito da Sagrada Familia, introducíronse novos pasos de peóns, calmando, intentando calmar, a vía e conectando, que tamén é unha constante do que intentamos facer. Plantexamos intervencións que serven para "coser" dalgunha maneira a cidade, entre os barrios, e tamén "sanar" as fracturas das grandes infraestruturas. Por exemplo, a Terceira Rolda, ou Alfonso Molina, que tamén sabes que estamos reivindicando que se faga un proxecto non só de ampliación senón tamén de humanización. Entón, con este tipo de intervencións na Rolda de Outeiro, o que intentamos tamén é que a vía se calme, que aparezan novos pasos de peóns, etc.
Ademais de isto hai un proxecto de gran entidade que ten moito que ver cos filosofía de intervención que te estou expoñendo, de resolver moitos pequenos problemas, que son os prioritarios, que por outro lado ven derivado ou herdado da anterior corporación, pero nós o reformulamos e adaptamos á situación actual, que é o proxecto de melloras de accesibilidade no distrito IV, no que se asenta Os Mallos. É un proxecto de 880.000 euros, que xa está en proceso de contratación, está a punto de rematar o período de presentación de ofertas; terá unha execución de dez meses, e vai intervir sobre 276 vaos en mal estado, que carecen de rampla, e sobre outros 236 vaos que contan con rampla pero incumpren a normativa. Un montón de puntos por todo o barrio que se van a mellorar. E ademais mellorará a accesibilidade en 17 paradas de autobús. É un proxecto que eu creo que vai ter repercusión e vai mellorar moito o espazo público e a accesibilidade universal no barrio.
A Intermodal
E a parte de todo isto está a Intermodal, que me parece clave. Quería facerte unha contextualización dende o punto de vista de o planeamento e a negociación que estamos a facer coa Xunta e con Fomento e despois explicarte as intervencións mais concretas asociadas a todo iso. A Intermodal é un equipamento absolutamente clave para o modelo de mobilidade que reivindicamos. Cando chegamos, nos encontramos con un proxecto absolutamente desfasado, que respondía a uns tempos da burbulla, e xa non eran os que estamos a vivir e que ademais se demostraron por outro lado fracasados (esperemos que non volvan nunca), e era un proxecto que xustificaba case 160 millóns de euros, e xustificaba a infraestrutura na venda do solo reclasificado. Se reclasificaba solo como residencial para sufragar os gastos de re-urbanización de eses 160 millóns de euros. Nese momento a nós parecíanos absolutamente desmesurado, era un proxecto da anterior década, pero o Ministerio de Fomento tampouco estaba pola labor.
Daquela o faláramos coa ministra pasada, con Ana Pastor. Acordamos facer unha revisión do proxecto, que tiña uns gastos de urbanización como te digo, moi elevados, que plantexaba grandes infraestruturas para cubrir as vías, pero tamén uns percorridos elevados, viadutos sobre a estación... E para reducir custos, e aparte xa tiñamos a AC-14 en servizo, a Terceira Rolda, propuxemos que o acceso principal non fora por Salgado Torres como se pretendía, e a partir de aí Joaquín Planells e Avenida Ferrocarril, senón que fora pola propia Avenida de Arteixo e atravesando o Polígono da Sardiñeira. Inicialmente, desde Salgado Torres se subía e se cruzaba por encima das vías, para despois entrar os autobuses á estación de autobuses. Entón nós lle propuxemos ao Ministerio e á Xunta, chegar pola AC-14, entrar pola Avenida de Arteixo e a partir de aí Sardiñeira e xa dunha maneira moito mais natural, o cal reducía os custos de urbanización enormemente baixando a unha estación de trens que pasaba de 160 a 40 millóns de euros. Lles pareceu ben o plantexamento, empezamos a traballar nesa liña en paralelo coa Xunta de Galicia, que xa tiña un proxecto para aquí, pero que se baseaba noutro tipo de accesos distintos, porque despois, independentemente de que os buses entren por aquí, o punto principal da intermodalidade de acceso da Estación seguía estando debaixo, na Avenida de Ferrocarril, cunha "grapa" que se considera para cruzar e pasarelas... Houbo todo un proceso de definición e de detalle coa Xunta de Galicia, que foi un pouco mais complexo e dificultoso que con Fomento, pero conseguimos levar todo o proceso a unha mesa técnica na que estamos agora e que parece que vai concretando.
Entón, esas decisións tiveron a repercusión de que , e era a nosa responsabilidade, tivemos que revisar e desenvolver as propostas ós proxectos de accesos á Estación. Para iso, como o Polígono da Sardiñeira é esencialmente de solo municipal, tiñamos que facer unha proposta de reordenación. Había unha no plan anterior, pero non se adapta ás previsións que tiñamos de acceso novas, que había que meter novas rotondas, etc. Esa circunstancia, que viña motivada polo desenrolo da infraestrutura, nos permitiu facer unha revisión da ordenación con outros criterios distintos (dalgunha maneira, foi un banco de probas tamén) para poñer enriba da mesa os criterios de ordenación que dende o Concello estamos intentando introducir. En esencia son facer unha ordenación que permita incluír as vivendas que todavía quedan na Agra da Sardiñeira. Era compatible a nova edificación coas vivendas existentes. De maneira que déramos vías e maior facilidade a que aquelas vivendas que estean habitadas e se queiran quedar (porque hai outras que están deshabitadas) se puideran buscar distintas alternativas. Porque agora mesmo si hai vivendas rehabilitadas e habitadas. Entón fixéramos compatibles as preexistencias coa nova edificación. E despois, que a nova edificación que aparecera, contextualizara e enriquecera o espazo público circundante. E non fora (que é o que sucedeu nesta cidade durante décadas) o espazo público o residuo, os restos da edificación. Nós estamos plantexando as cousas no sentido contrario: ti pensas no espazo público, cal e o maior espazo público posible, o mellor soleado, o mellor comunicado, o que respecta as vías de conexión racional, ben comunicado co carril bici, reparado das infraestruturas… e a partir de aí xurde a edificación e non o revés. Esa é unha clave importante. E despois os equipamentos tamén. Que a edificación servira para acondicionar o espazo público pero tamén para resolver aqueles puntos que son mais problemáticos; como pode ser toda a sombra que o Alico produce no espazo público. En xeral estes son os criterios principais.
A partir de esta proposta, que non está aprobada, é un anteproxecto, son uns estudos previos, pero nos valeron para así facer o proxecto de infraestrutura adaptada a esta ordenación na que estamos traballando dende Infraestruturas. Dende Infraestruturas se encargaron dous proxectos: o vial da Sardiñeira e outro. E eses proxectos, o acordo que temos coa Xunta, é que se aproben en Consello da Xunta. Porque a Xunta ten unha ferramenta para proxectos de interese xeral, que se poden aprobar directamente con informe favorable do Concello, e se sobrepoñen o planeamento. Entón, para axilizar os trámites, ese foi o acordo que tivemos coa Xunta. Eles están facendo o seu proxecto de Estación de Autobuses, nós, os nosos proxectos de vial; van a meter todo nun paquete, o levarán ao Consello da Xunta, alí o aprobarán e polo tanto xa serán executables e o que teremos que facer despois será modificar o planeamento, adaptado a esa ordenación, a eses proxectos. Pero con estas claves.
- Esto ¿cuándo se haría?
- Se somos rigorosos, isto podería estar feito xa, á vontade do Ministerio, cando o Ministerio houbese querido, porque os proxectos de grandes infraestruturas, igual que o de Alfonso Molina, que nos achacan a responsabilidade, sobrepoñense ao planeamento: os poden aprobar dunha maneira unilateral. Nós conseguimos que foran mellorando o proxecto e a calidade urbana do proxecto a base de diálogo e demais. Agora mesmo nós estes proxectos os temos moi avanzados e van a estar seguro, cando a Xunta teña o seu proxecto da Estación de Autobuses, que tamén, segundo dinnos, están elaborando. Co cal, eu calculo que os meses para que eses proxectos estean rematados, despois os terían que levar ao Consello da Xunta, se aprobarían e terían que licitalos, o sexa, que aínda vai pasar un período antes de que empecen as obras.
- En la Avenida de Los Mallos ¿se va a hacer algún arreglo?
- Este mandato non hai proxecto previsto para a Avenida dos Mallos mais alá das melloras e os arranxos dos contratos de mantemento que sexan precisos.
- ¿Y la obra de San Vicente, termina en unos cuatro meses?
- A obra da rúa San Vicente, a duración é duns catro meses e despois empezaríase coa praza. Imos facer primeiro a rúa e despois a praza. E Ramón Cabanillas, a parte entre o ascensor e Sofía Casanova.