Coordinadora Anti-Privatización da Sanidade Pública
42ª Marea Branca
De novo a Marea Branca sae á rúa! Este vindeiro domingo 16 estarán outra vez no Obelisco ás 12.30 en Coruña, e o sábado 15 ás 12.30 na Praza da Peregrina en Pontevedra.
15 dic 2018
Esta vez será para denunciar as listas de espera, comentar as folgas dos Pacs e urxencias e, como non, para falar dos millóns de euros que Feijóo quere gastarse para arranxar o colapso do hospital do CHUAC… É necesario gastar eses millóns de euros sen unha boa planificación?
O domingo debaterán sobre iso e máis.