Coronavirus
56ª Marea Branca virtual: Residencia e Covid-19
O vindeiro domingo 17 de maio, como terceiro domingo de cada mes, a Marea Branca volve concentrarse, desta vez virtualmente, para defender a Sanidade Pública.
15 may 2020
Pero esta vez, a nosa concentración será VIRTUAL, a través das redes. Animámosche a participar enviando un e-mail a [email protected] dicindo o teu nome, número de teléfono e cidade de residencia habitual. Enviarémosche unha ligazón para participar cunhas breves e fáciles instrucións.
NON FALTES. A SANIDADE NON SE VENDE. A SANIDADE DEFÉNDESE.