Plataforma de afectadaspola ampliación do CHUAC
Ampliación do vello CHUAC: confirmase o derrubo de 27 vivendas en Eirís
Trátase de 2 vivendas na rúa Inés Debén, 3 na Avenida da Pasaxe, 8 en Curramontes e 14 no Castaño de Eirís. 27 vivendas, arredor de 100 persoas que quedarán sen fogar.
A Coruña, 17/02/2022 - É a primeira vez que estas persoas reciben información directa por parte da administración dende que hai máis de 2 anos o Presidente da Xunta anunciara que renunciaba a facer un hospital novo para A Coruña e que ían ampliar o Vello CHUAC pero poñendolle un cartel que dixese que era novo. 2 anos nos que a veciñanza afectada e o barrio traballaron man a man para dar a coñecer á cidadanía o que ía acontecer.
Na xuntanza, ademais de poñer en común o falado nas entrevistas individuais que mantiveron nos Novos Ministerios acordaron seguir loitando contra o derrubo das súas vivendas, e contra a decisión arbitraria que hai por detrás:
- Partíase de máis de 400 millóns de euros, pero a cifra xa é incalculable, posto que segundo anunciou a Conselleira Ethel Vázquez permitirán que suba coa subida de prezos dos materiais. E todo para seguir ampliando un hospital sobre un esqueleto (o vello CHUAC) que leva anos mostrando que está vello, e que o que se precisa para esta cidade e a Área Sanitaria A Coruña CEE é un hospital novo, accesible, nun espazo aberto e con posibilidades de futuro.
- Xunta e Concello avanzan nese proxecto abocado ó fracaso, negándonos a posibilidade de ter unhas instalacións sanitarias novas, xogando co futuro e os cartos de toda a contorna, e arrasando novamente con parte do barrio de Eirís.
- NOVO CHUAC SÍ, PERO NON ASÍ!!
- MENOS CEMENTO E MÁIS PERSOAL!!
- A CORUÑA MERECE UN HOSPITAL NOVO!!
AVV de Eirís "Uxío Carré"